Abertos ao Galego

A Mesa pola Normalización Lingüística

Abertos ao Galego é un proxecto que a Mesa pola Normalización Lingüística puxo en marcha para colaborar coas empresas que apostan no galego. Obtén un certificado que se concede, en diferentes niveis, ás empresas, comercios, asociacións e entidades de toda índole que adopten e desenvolvan compromisos para a normalización do galego.

CALES SON OS REQUISITOS PARA OSTENTAR O CERTIFICADO?

  • 1. Ter unha disposición favorábel ao uso do galego.
  • 2. Colaborar na análise anual da situación lingüística da entidade (para o cal A Mesa pon ao seu dispor unha “Ficha para analizar e planificar a situación lingüística”) e, segundo a mesma, proporse obxectivos anuais.
  • 3. Pagar a cota que corresponda para poder ostentar o certificado (46€ anuais).

QUEN SE ENCARGA DO SEGUIMENTO E AVALIACIÓN?

A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, con máis de trinta anos de historia ininterrompida, é a responsábel do seguimento, promoción e avaliación do certificado.

Cales son as vantaxes das empresas ou asociacións que conten co certificado abertos ao galego?

  • a. Figurarán no catálogo web, actualizado permanentemente na páxina www.amesa.gal/abertosaogalego.
  • b. Poderán participar nos actos comarcais e nacionais que se realizarán cada ano para as entidades que ostenten o certificado e que terán difusión mediática.
  • c. Poderán acceder a descontos publicitarios en medios de comunicación que colaboraren co proxecto.
  • d. Poderán utilizar o distintivo do certificado alí onde o consideraren oportuno (A Mesa entregará os distintivos correspondentes).
  • e. Conseguirán un impulso ao uso da lingua que nos une como galegos e como galegas, participando dunha ampla rede social.

CAL É O DESTINO DO DIÑEIRO RECADADO NAS COTAS?

Todas as cotas recadadas irán destinadas integramente á xestión e ao desenvolvemento do propio proxecto do certificado (edición de folletos, catálogos, mantemento da páxina web, etc) e ao obxectivo de promover a extensión do uso do galego no ámbito socioeconómico.

CALES SON OS DIFERENTES NIVEIS DO CERTIFICADO?

A extensión da lingua galega a todos os ámbitos é un camiño que imos andando pouco a pouco. Por iso, o certificado estabelece catro graos. O Nivel UN é para quen está a dar os primeiros pasos; o Nivel DOUS para quen xa utiliza o galego cara ao exterior; o Nivel TRES para quen tamén o usa internamente, e o Nivel CATRO para aquelas entidades que ademais participan de forma especial en dinamizar o uso da lingua.

  • Adoptaron e están a desenvolver medidas para a normalización do galego. Están aínda a dar os primeiros pasos.
  • No caso das empresas, estabelecerase como mínimo para este nivel o uso non deturpado da toponimia e o cumprimento da lexislación lingüística.
  • No caso das organizacións, o estabelecemento de medidas concretas para o uso do galego será suficiente para este nivel, malia que tales medidas aínda non se concretasen. A Mesa realizará un seguimento específico da aplicación das medidas nos prazos acordados coa entidade correspondente.
  • Empresas e entidades que ofrecen toda a súa información exterior en galego.
  • No caso de facer uso tamén doutros idiomas, o galego será a lingua de opción positiva e que apareza salientada ou en primeiro lugar.
  • Ofrecen toda a información exterior en galego e, ademais, utilízano como lingua interna de traballo: nóminas, xestións administrativas, contabilidade etc.
  • Ademais de realizaren un uso sistemático do galego tanto interna como externamente, solicitan a información e a documentación en galego a provedores e administracións.
  • Son entidades e empresas que dinamizan de xeito especial o uso e a extensión social do galego.

Cubre o seguinte formulario cos datos da túa empresa, se queres darte de alta como mebro dentro do proxecto de Abertos ao Galego.

    Solicita a túa alta como estabelecemento

    (Google, Apple, OpenStreetMap, etc)


    Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

    Subscrición á ReMesa

    Carriño da compra