Abertos ao Galego

ABERTOS AO GALEGO.- As empresas de Abertos ao galego: Demo Editorial

A máis recente incorporación a Abertos ao Galego é Demo Editorial, una editora especializada en banda deseñada dirixida polo tamén ilustrador Manel Cráneo

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Hai uns días Abertos ao Galego reuniuse na Coruña con Manel Cráneo, para que nos axudase a presentarvos o seu proxecto e nos contase a súa experiencia empresarial. 

O obxectivo de Demo Editorial é potenciar autores de banda deseñada galegos e apoiar novos valores primando sempre o criterio da calidade. Os álbums que editan son coidadosamente seleccionados. 

A súa primeira opción de edición é sempre a lingua galega, mais partindo de aí procuran potenciar a exportación dos seus libros a outros mercados, tanto o estatal como o estranxeiro. Disto teñen xa algúns exemplos, como O fillo da furia, publicado este mesmo mes en castelán en coedición con Diabolo (Madrid) ou Sen mirar atrás, publicado en galego e castelán en 2010 e do que en 2011 venderon os dereitos á editora alemana Edition52.

O seu principal ámbito na edición son as novelas gráficas de aventuras e xénero histórico, principalmente ambientadas en Galiza.  Ademais diso, tamén editan obras de temática social e proximamente abrirán tamén unha liña de ciencia-ficción.

Todas as súas producións realízanse integramente en Galiza, polo que xeran beneficios no propio territorio, en todos os sentidos, pois o proceso de edición (que inclúe deseño, maqueta, impresión, etc) é feito aquí. Non só é unha editorial galega porque edite autores galegos e en galego, senón porque ademais producen ao 100% en  Galiza.

Manel coméntanos que o obxectivo do seu proxecto é contribuír co seu grao de area a xerar unha industria da banda deseñada en Galiza, que ademais teña unha calidade que a faga atractiva para poder exportarse a outros mercados noutras linguas. Segundo nos di Manel, “se queremos, podemos ser profetas na nosa propia terra”. 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis