É, sen dúbida algunha, un dos referentes da hostalería compostelá. Situado na emblemática rúa de San Pedro, en pleno Camiño de Santiago nunhas antigas cabaleirizas. O Dezaseis logra converter ós clientes en amigos e a comida nun placer ó alcance de moitos, de todos aqueles que baixan os centenarios chanzos deste fermoso local. O seu nome, Casa de Xantar, non deixa lugar ás dúbidas; estamos nun establecemento onde comer implica algo máis que alimentarse, que gozar dun bo prato; é unha forma de volver a aquelas comidas de antes, cociñadas paseniñamente ó calor da amizade e do bo facer.
A Coruña Santiago Santiago de Compostela
Rúa de San Pedro, 16. Santiago de Compostela, 15703
E-mail: correo@dezaseis.com
Teléfono: 981564880
Web: www.dezaseis.com