Inciativa Xabarín para a programación infantil e xuvenil en galego na TV

Báner mediano "Asina! Por unha canle Xabarín Club 24 horas na TVG"

Que queremos? 

  1. Que a Corporación de Radio de Televisión de Galiza aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
  2. Que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.
  3. Que a Xunta de Galiza chegue a acordos con outras administracións e empresas (TVE, Movistar, Netflix, HBO,…) co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión
  4. Que realice as accións necesarias para a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.

Como? 

A través dunha proposición parlamentar por Iniciativa Popular. Este mecanismo contemplado na lexislación permite rexistrar unha proposta para ser asumida por algún dos grupos parlamentares e debatida no Parlamento de se reuniren o mínimo de sianturas requeridas.

Que precisamos para conseguilo?

Para conseguir que esta PNL chegue a ser debatida no Parlamento imos precisar da túa colaboración de novo. Se ben a lexislación estabelece que son 2500 as sinaturas necesarias para ser debatida, pensamos que é posíbel multiplicar esta cantidade e facer ver que esta demanda conta cun amplo apoio dentro da sociedade galega. É importante sinalar que só serán válidas a sinaturas obtidas físicamente e non as realizadas con anterioridade vía web.

Consulta a Iniciativa Xabarín

(Ligazón ao texto da Iniciativa Popular)

Como colaborar? 

  • Coa túa sinatura nos pregos verificados pola Xunta Electoral que poremos ao dispor en diversos puntos de Galiza nas próximas semanas.
  • Se tes un estabelecemento aberto ao público e queres participar na rede de recollida de sinaturas ou queres recollelas individualmente, fáinolo saber a través do correo xabarintv@amesa.gal.
  • Precisamos de difusión: comparte esta iniciativa coas túas amizades e anímaas a asinar. Tamén habilitaremos unha páxina web onde teremos toda a información e materiais para descargar.
  • Doazóns: para quen quixer contribuír a soster economicamente esta campaña, habilitaremos nos próximos días diferentes vías de doazón. Mentres pódense facer nesta ligazón

Asina:

Contamos cunha ampla rede de estabelecementos colaboradores. Busca os situados na túa localidade e asina!

Información e contacto

Descarga imaxes e vídeos

 

Calendario e lugares dos postos de sinaturas

Últimas noticias

Campañas Noticias da Mesa

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego […]

Ler máis
Noticias

App A Liña do Galego

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que, desde o ano 2007, atende consultas sobre dereitos lingüísticos e tramita queixas cara ás institucións, empresas etc, que os vulneran; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en […]

Ler máis
Noticias

A Mesa reclama máis prazas de portugués no ensino

A Mesa pola Normalización Lingüística,  ante a publicación do 14 de xaneiro na mesa sectorial de ensino das prazas por especialidade da convocatoria de oposicións de 2022, súmase ás reclamacións que fai a Associação de professores de Língua Portuguesa na Galiza para aumentar as prazas de portugués dispoñíbeis no ensino.

Ler máis
Doazóns

Realiza unha achega económica puntual para axudar no funcionamento da asociación. Colabora aquí

Ler máis
Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis