A Mesa pola Normalización Lingüística organízase territorialmente en asembleas ou grupos de traballo comarcais. Estas asembleas desenvolven as campañas nacionais nos seus municipios e adáptanas porque sexan máis adecuadas a cada realidade territorial. A Mesa está organizada nunha ducia de comarcas e desenvolve actividade en varios municipios, da man de voluntarios e voluntarias que actúan individualmente ou en grupo.
Hai moitas cousas que podemos facer desde os nosos municipios para impulsar o galego.