Aviso legal

LEI DE SERVIZOS DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN E COMERCIO ELECTRÓNICO

En cumprimento do disposto no art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de servizos da sociedade da información (LSSI) , dáse a coñecer a seguinte Información xeral:

Que o dominio www.amesa.gal a partir de agora sitio web está rexistrado a nome de ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA con domicilio social en  avda. De Lugo, 2A, entresollado A , 15702 – Santiago de Compostela (A Coruña) ou mediante correo electrónico a amesa@amesa.gal; sociedade inscrita no rexistro mercantil de tomo , da sección , folio , folla , inscrición primeira, provista de CIF ESG15154610.

CONDICIÓNS DE USO

I.- USUARIOS/AS

O acceso a e/ou uso do sitio web de https://www.amesa.gal, atribúe a quen o realiza a condición de usuario/a, aceptando, desde ese mesmo momento, plenamente e sen ningunha reserva, as presentes condicións xerais, así como as condicións particulares que, no seu caso, complementen, modifiquen ou substitúan as condicións xerais en relación con determinados servizos e contidos do sitio web.

II.- USO DO SITIO WEB, OS SEUS SERVIZOS E CONTIDOS

O/a usuario/a comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen contravir a lexislación vixente, a boa fe, os usos xeralmente aceptados e a orde pública.

Así mesmo, queda prohibido, o uso da Web con fins ilícitos ou lesivos contra O TITULAR ou calquera/a terceiro/a, ou que, de calquera forma, poidan causar prexuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web.

Respecto dos contidos (informacións, textos, gráficos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, deseños, etc.), prohíbese:

  • A súa reprodución, distribución ou modificación, a menos que se conte coa autorización dos seus lexítimos/as titulares ou resulte legalmente permitido.
  • Calquera vulneración dos dereitos de O TITULAR ou dos seus lexítimos/as titulares sobre eles.
  • A súa utilización para todo tipo de fins comerciais ou publicitarios, distintos dos estritamente permitidos.
  • Calquera intento de obter os contidos do sitio web por calquera medio distinto dos que se poñan a disposición dos/os usuarios/as así como dos que habitualmente se empreguen na rede, sempre que non causen prexuízo ningún ao sitio web.

III.- MODIFICACIÓN UNILATERAL

O TITULAR poderá modificar unilateralmente e sen previo aviso, sempre que o considere oportuno, a estrutura e deseño do sitio web, así como modificar ou eliminar, os servizos, os contidos e as condicións de acceso e/ou uso do sitio web.

IV.- HIPERLIGAZÓNS

O estabelecemento de “calquera hiperligazón” entre unha páxina web e o sitio web estará sometido ás seguintes condicións:

  • Non se permite a reprodución nin total nin parcial de ningún dos servizos nin contidos do sitio web.
  • Salvo consentimento previo e expreso, a páxina web na que se estabeleza a hiperligazón non conterá ningunha marca, nome comercial, rótulo de estabelecemento, denominación, logotipo, slogan ou outros signos distintivos pertencentes ao TITULAR
  • Baixo ningunha circunstancia, O TITULAR será responsábel dos contidos ou servizos postos a disposición do público na páxina web desde a que se realice a “hiperligazón” nin das informacións e manifestacións incluídas nelas.

V. EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

O TITULAR non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e perdas de calquera natureza que puidesen traer causa de:

  • A falta dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da Web e/ou dos seus servizos ou contidos.
  • A falta de utilidade, adecuación ou validez da Web e/ou dos seus servizos ou contidos para satisfacer necesidades, actividades ou resultados concretos ou expectativas dos usuarios.
  • A existencia de virus, programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
  • A recepción, obtención, almacenamento, difusión ou transmisión, por parte dos/os usuarios/as, dos contidos.
  • O uso ilícito, neglixente, fraudulento, contrario ás presentes condicións xerais, á boa fe, aos usos xeralmente aceptados ou á orde pública, do sitio web, os seus servizos ou contidos, por parte dos usuarios.
  • A falta de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros/as e postos a disposición dos/os usuarios/as no sitio web.
  • O incumprimento por parte de terceiros das súas obrigacións ou compromisos en relación cos servizos prestados aos usuarios/as a través do sitio web.

VI. DURACIÓN

A duración da prestación do servizo do sitio web e dos servizos é de carácter indefinido.
Sen prexuízo do anterior, O TITULAR resérvase o dereito para, interromper, suspender ou terminar a prestación do servizo da Web ou de calquera dos servizos que o integran, nos mesmos termos que se recollen na condición terceira.

VII. LEXISLACIÓN APLICÄBEL E XURISDICIÓN

As presentes condicións xerais rexeranse pola lexislación española.
ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais do domicilio do usuario para cantas cuestións puidesen suscitarse ou accións exercitarse derivadas da prestación do servizo da Web e dos seus servizos e contidos e sobre a interpretación, aplicación, cumprimento ou incumprimento do aquí establecido.

No caso de que o usuario/a teña o seu domicilio fóra de España, ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA e o Usuario/a, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á xurisdición dos xulgados e tribunais de Santiago de Compostela

USO DE COOKIES

O sitio web ASOCIACIÓN A MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA pode utilizar cookies cando un USUARIO/A navega polos sitios e páxinas web do SITIO WEB. As cookies utilizadas polo sitio web asócianse unicamente cun USUARIO/A anónimo e o seu computador e non proporcionan por si o nome e apelidos do USUARIO. Grazas ás cookies, resulta posíbel recoñecer os/as USUARIOS/AS rexistrados/as despois de que estes se rexistren por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas e servizos reservados exclusivamente a eles. As cookies utilizadas non poden ler datos do seu disco duro nin ler os arquivos cookie creados por outros provedores. Os datos identificativos de cada USUARIO/A son cifrados para maior seguridade.

O/a USUARIO/A ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Por favor, consulte as instrucións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar o SITIO WEB, non resulta necesario que o/a USUARIO/A permita a instalación das cookies enviadas polo sitio web, sen prexuízo de que en tal caso será necesario que o Usuario/a se rexistre como usuario de cada un dos servizos cuxa prestación requira o previo rexistro.
De igual maneira, os nosos servidores web detectan de maneira automática a dirección IP e o nome de dominio utilizados polo usuario/a. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que nos permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas aos nosos servizos web, etc.

BAIXA DE COMUNICACIÓNS COMERCIAIS

De conformidade coa lei de servizos da sociedade da información 34/2002 garántese ao usuario a posibilidade de deixar de recibir información comercial nun prazo máximo de 10 días desde que comunique a súa vontade mediante correo electrónico dirixido a amesa@amesa.gal;

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra