O día 19 de decembro entréganse en Pontevedra os Premios Abertos ao Galego e Via Galego, a Tuenti e a Asociación de Docentes de Portugués en Galiza. O acto celébrase ás 20.30 no Pazo da Pedreira
No acto intervirán representantes da empresa Tuenti e o presidente da Asociación de Docentes de Portugués en Galiza, ademais do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e da Fundación Via Galego, Carlos Callón e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.