Axenda

Presentación en Monforte do libro En castellano no hay problema

O serán da quinta feira (xoves) 23 de xuño ás 20.15 h a galería Sargadelos de Monforte de Lemos acollerá a presentación do libro En castellano no hay problema

No evento participarán Andrés Gómez Chao, responsábel da Mesa na comarca, e a escritora Alicia Fernández, ademais do propio autor, Carlos Callón.

No volume, o presidente da Mesa analiza a situación da lingua galega nos últimos 15 anos, con especial atención ao período do bipartito e ao comezo do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis