Os mapas dixitais polo seu nome
Pola restauración da toponimia en navegadores e aplicacións de mapas.
3.800 persoas apoiaron xa esta campaña!
Faltan tan só 200 apoios a chegarmos aos 4.000! Axúdanos!

Os mapas dixitais polo seu nome

A toponimia é unha pegada lingüística dun pobo sobre o territorio no que historicamente se desenvolveu. É unha evidencia da súa existencia e fonte de coñecemento desa lingua e cultura.

Galiza, representando territorialmente apenas o 6%, concentra case o 60% dos núcleos de poboación do Estado español, cada un deles co seu nome. Nomeamos cada núcleo mais tamén cada predio, cada leira, cada espazo e temos neles unha referencia única para o coñecemento de usos, costumes, historia e, por suposto da lingua galega.

Deturpar, modificar, eliminar estes topónimos é tamén deturpar, modificar e eliminar a lingua e a cultura do pobo que lles deu nome.

O pobo galego mantivo vivas na súa propia lingua as formas de designar os espazos do seu territorio a pesar das sucesivas vagas que desde hai séculos procuran a súa desaparición. Algunha destas vagas é recente, mesmo estando en vigor a Lei de Normalización Lingüística que sinala que a única forma oficial dos topónimos é a galega. A loita social contra a deturpación do nome da cidade da Coruña mesmo tivo que chegar aos tribunais para comezar a se resolver pola acción da Mesa Normalización Lingüística. No entanto, aínda hoxe podemos ver autoridades do Estado que supostamente deben garantir o respecto pola lei, participaren en actos onde se deforman topónimos como Ourense, A Toxa ou Sanxenxo, ou gobernos autonómicos a aproveitaren a situación para mudaren o nome da ría de Ribadeo.

O elemento con máis incidencia na última vaga castelanizadora é a que emprega as aplicacións de navegación e xeolocalización. Os casos máis coñecidos son os de Google Maps ou Apple Maps. A deturpación dos nomes de lugar reprodúcese a través de outras aplicacións, redes sociais ou páxinas web, introducindo ao tempo novas deturpacións en nomes de lugar que até o de agora non se viran afectadas polas ondas anteriores. Chega a extremos de envíos postais ou de mensaxaría que non se reciben no seu destino por o nome oficial e de uso común non coincidir coa forma deturpada que só existe nos mapas das aplicacións, mais que por influencia destas aplicacións acaba por comezar a se estender. O uso correcto da toponimia non pode ficar a expensas da configuración que se estabelece para estes programas.

Por todo isto:

  • Reclamamos de todas as compañías fornecedoras de servizos de xeolocalización e navegación que sinalicen os lugares unicamente coas formas galegas, lexítimas e oficiais tal e como sinala a lei 15/1983 e que baseándose na mesma lei empreguen como base de datos fiábel e válida a incluída no nomenclator oficial de Galiza.
  • Reclamamos tamén ao conxunto de poderes públicos que actúen decididamente diante destas empresas para que corrixan e restitúan todas as denominacións deturpadas.

A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.

3800 apoios para esta campaña.

  1. Santiago Pérez Poza · 59605
    Hai 10 meses
  2. Consuelo Campos Acedo · 59603
    Hai 10 meses
  3. Sinatura cod59602
    Hai 10 meses
  4. Sinatura cod59599
    Hai 10 meses
  5. Marina Caldeiro Muñiz · 59597
    Hai 10 meses
  6. César Guzmán López · 59588
    Hai 10 meses
  7. Sinatura cod59544
    Hai 10 meses
  8. Sinatura cod59543
    Hai 10 meses
  9. Sinatura cod59542
    Hai 10 meses
  10. Sinatura cod59527
    Hai 11 meses
  11. Xosé M. Torres Reino · 59509
    Hai 11 meses
  12. Sinatura cod59504
    Hai 11 meses
  13. Sinatura cod59436
    Hai 11 meses
  14. Sinatura cod59435
    Hai 11 meses
  15. Lucas da Silva rial · 59431
    Hai 11 meses

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra