| Salgado | Do alcume que nace de “salgar” (persoa dotada de graza, viveza…). (castelán: Salado) |
| Salgueiro | Do topónimo “Salgueiro”, que ten orixe fitonímica, isto é, referida ao vexetal. (castelán: Salguero) |
| Sánchez | De orixe patronímica, “fillo de Sancho”. (castelán: Sánchez) |
| Sande | Do topónimo “Sande”. |
| Santalla | Do nome da santa. (castelán: Santaeulalia) |
| Santamariña | Do nome da santa. (castelán: Santamarina) |
| Santomé | Do nome do santo. (castelán: Santomás) |
| Sanxiao | Do nome do santo. (castelán: Sanjulián) |
| Sanxurxo | Do nome do santo. (castelán: Sanjorge) |
| Sardiña | Dun alcume formado con nome de animal. (castelán: Sardina) |
| Sarmento | Dun alcume que remite a sarmento “ramallo da viña, especialmente cando é podado” e pode referirse a alguén magro e retorto. (castelán: Sarmiento) |
| Seco | Dun alcume que se refire a características corporais ou morais (antónimo de “mollado”, pero tamén “sen humor”) (castelán: Seco) |
| Seivane | Procede do nome do Santo (San Johanne). (castelán: Sanjuan) |
| Seixas | (castelán: Seijas) |
| Seixo | (castelán: Seijo) |
| Senra | Do topónimo Senra (agra de cerais, barbeito, roza). |
| Seoane | Procede do nome do Santo (San Johanne). (castelán: Sanjuan) |
| Serén | Do topónimo Serén. |
| Silva | Ben do topónimo Silva ou ben do alucume (alguén de trato espiñento ou non amigábel ao que llo puideron pór). |
| Sixirei | De carácter toponímico. A evolución probábel é a partir de Villa Segeredi > Sigirei > Sixirei. (castelán: Gigirey) |
| Sobriño | Apelido derivado do nome de parentesco. (castelán: Sobrino) |
| Sousa | (castelán: Sosa) |
| Soutelo | Diminutivo de “souto”, conxunto de árbores froiteiras e especialmente de castiñeiros. (castelán: Sotillo, Soutillo, Sotiello, Sotelo) |
| Souto | Do latín vulgar “saltu”, que significaba “panasco, pasto de montaña, pasto entre árbores”. (castelán: Soto) |
| Sueiro | Do nome Sueiro (en latín medieval Suario), nome frecuentísimo na Galicia dos séculos X-XII. (castelán: Suero) |