Caixa de nomes

A galeguización do nome é un acto simbólico de grande importancia para o proceso de normalización da nosa lingua. Cada vez que unha persoa escolle un nome galego para o seu fillo ou filla, non só está amosando publicamente o seu compromiso co noso idioma, senón que tamén está incidindo, co seu comportamento na sociedade en xeral e en todas as entidades en que vaia facer efectivo o cambio (administración, bancos, empresas subministradoras…).

Pórlle o nome a un fillo ou filla é algo moi importante e que se debe pensar de forma detida. O seu nome será un elemento máis de apego á familia e ás súas orixes que o/a vai identificar e individualizar ao longo de toda a vida e que o/a vai relacionar coa xente, coa contorna, co mundo.

Por estes motivos, propoñémosche que valores a posibilidade de poñerlle un nome en galego.

Ademais, o nome tamén pode ser unha mostra importante da forma de ser e de estar no mundo. En épocas pasadas houbo un empeño en substituír e invisibilizar os nosos nomes propios coa finalidade de que non soasen a galego e, agora, recuperalos contribúe a manter viva a historia e a tradición do noso país. Polo tanto, ti podes contribuír a que o teu fillo ou filla herde e transmita unha parte tan importante do noso pasado dunha forma tan sinxela como é a de pórlle un nome galego, de noso.

Nomes en galego hai moitos. Aquí simplemente che damos algunhas propostas para animar a que se usen, a que se elixan para ponérllelos ás nenas e nenos.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra