Que queremos?
- Que a Corporación de Radio de Televisión de Galiza aumente a oferta en galego destinada á infancia e mocidade nas televisións públicas a través dunha canle “Xabarín”, con programación dirixida ao público infantil e xuvenil e dispoñíbel en todas as plataformas de contidos audiovisuais así como App actualizadas que conten ademais con programas e xogos co fin de garantir nesta canle en galego, a presenza de contidos atractivos, de éxito, actuais e pasados, así como contidos educativos e de produción galega.
- Que a Corporación de Radio Televisión Española emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.
- Que a Xunta de Galiza chegue a acordos con outras administracións e empresas (TVE, Movistar, Netflix, HBO,…) co fin de garantir a opción dobrada e lexendada ao galego en todas as plataformas dixitais de televisión
- Que realice as accións necesarias para a recepción mutua RTP – TVG en Galiza e Portugal segundo o contemplado na Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias.
Como?
A través dunha proposición parlamentar por Iniciativa Popular. Este mecanismo contemplado na lexislación permite rexistrar unha proposta para ser asumida por algún dos grupos parlamentares e debatida no Parlamento de se reuniren o mínimo de sianturas requeridas.
Que precisamos para conseguilo?
Para conseguir que esta PNL chegue a ser debatida no Parlamento imos precisar da túa colaboración de novo. Se ben a lexislación estabelece que son 2500 as sinaturas necesarias para ser debatida, pensamos que é posíbel multiplicar esta cantidade e facer ver que esta demanda conta cun amplo apoio dentro da sociedade galega. É importante sinalar que só serán válidas a sinaturas obtidas físicamente e non as realizadas con anterioridade vía web.
Consulta a Iniciativa Xabarín
(Ligazón ao texto da Iniciativa Popular)
Como colaborar?
- Coa túa sinatura nos pregos verificados pola Xunta Electoral que poremos ao dispor en diversos puntos de Galiza nas próximas semanas.
- Se tes un estabelecemento aberto ao público e queres participar na rede de recollida de sinaturas ou queres recollelas individualmente, fáinolo saber a través do correo xabarintv@amesa.gal.
- Precisamos de difusión: comparte esta iniciativa coas túas amizades e anímaas a asinar. Tamén habilitaremos unha páxina web onde teremos toda a información e materiais para descargar.
- Doazóns: para quen quixer contribuír a soster economicamente esta campaña, habilitaremos nos próximos días diferentes vías de doazón. Mentres pódense facer nesta ligazón
Asina:
Contamos cunha ampla rede de estabelecementos colaboradores. Busca os situados na túa localidade e asina!
Información e contacto
- 981563885
- xabarintv@amesa.gal
Descarga imaxes e vídeos