Campañas Noticias da Mesa

Proposta de medidas urxentes para a normalización da lingua galega

Recuperación e Reposición

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Diante do proceso electoral que terá lugar o vindeiro 25 de setembro en Galiza, a Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamado ao conxunto da sociedade galega e a todas as organizacións sociais, sindicais e políticas para que impulsen a posta en marcha con urxencia e carácter inmediato destas 6 medidas que necesariamente se han de complementar con outras contempladas na Carta Europea das Linguas, ratificada en 2001 polo Estado Español, ou no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004 coa unanimidade do Parlamento Galego, e que debe ser reactivado como punto de partida para a recuperación e reposición efectiva da nosa lingua a todos os niveis, tal como sinalaba a Declaración Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega asinada coa Mesa pola Normalización Lingüística por organizacións políticas tan diversas como Alternativa dos Veciños, Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Coalición Galega, Esquerda Unida, Partido Popular,  PSdG-PSOE, Podemos, Terra Galega e Partido Galeguista.

 Medidas

Non son todas as medidas que o noso idioma precisa, mais si, de entre elas, as que a administración galega debe pór en funcionamento con máis urxencia. Son só 6 medidas que só precisan convecemento e vontade de aplicación por parte do goberno galego, que levándoas a termo comezaría, despois de décadas de inacción, a viraxe que a lingua galega precisa para chegar con saúde ao século XXII.

1. Impulso ao papel normalizador da CRTVG

CRTVG

 

  • a. Mellorar e ampliar a oferta de lecer infantil e xuvenil en galego na TVG e na RG.
  • b. Debates políticos plurais sobre temas de interese xeral de temática galega.
  • c. Intervención de persoas expertas que utilicen a lingua galega nos noticieiros e programas.
  • d. Programación ampla e específica sobre historia de Galiza. patrimonio galego, música en galego, literatura galega…
  • e. Acordos con outras canles, distribuidoras, produtoras para a dobraxe e lexendado de filmes e series en galego.

2. Ensino en galego

ensino en galego
  • a. Plan de choque para a introdución e o emprego do galego na Educación Infantil
    • i.Emprego do galego na Educación Infantil: inmersión lingüística
    • ii.Oferta de materiais didácticos en galego
  • b. Impulso ao galego na Educación Primaria e Secundaria e eliminación de todos os limites impostos á lingua propia no decreto 79/2010
  • c. Oferta de galego en xoguetes e lecer infantil e xuvenil

3. Administración en galego

xunta
  • a. Oferta positiva na atención ao público en toda a administración galega, municipal e estatal e en todas as concesións publicas, así como galeguización de toda a sinalización, formularios e documentación interna e externa
  • b. Oferta de galego en todos os servizos de administración electrónica
  • c. Impulso da galeguización da xustiza e do programa Minerva
  • d. Oferta positiva de galego no Servizo Galego de Saúde e galeguización de todos os programas e aplicacións informáticas, nomeadamente Ianus

4. Transportes públicos

transporte público
  • a. Sinalizacións e información en galego nas estacións de autobuses e tren
  • b. Utilización exclusiva da toponimia galega como única forma legal

 

 

5. Convenio coa RTP

RTP
  • a. Recepción en todo o territorio galego, cando menos, do sinal da Radio Televisión Portuguesa e emisión da CRTVG para Portugal

 

 

 

6. Axudas e subvencións

LogoXunta
  • a. Condicionar todas as axudas e subvencións da Xunta de Galiza á utilización efectiva da lingua galega, nomeadamente as concedidas á Igrexa Católica e aos medios de comunicación

 

A Mesa mantén a súa actividade grazas ás socias e socios.
Colabora connosco asociándote

Nais e Pais polo Ensino en Galego

Colectivo constituído por un grupo de persoas preocupadas pola inexistencia de oferta educativa en galego e polo escaso valor social que segue a ter a nosa lingua. Saber máis

Ler máis
Observatorio de Dereitos Lingüísticos

Membros da xudicatura, da avogacía, sociolingüístas, docentes universitarios e profesionais do Dereito, sensibilizados co a lingua galega. Saber máis

Ler máis
Fundación Vía Galego

Fomentar o intercambio cultural cos outros territorios pertencentes ao sistema linguístico galego-portugués. Saber máis

Ler máis