Proposta de medidas urxentes para a normalización da língua galega

Recuperación e Reposición

Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Diante do proceso electoral que terá lugar o vindeiro 25 de setembro en Galiza, a Mesa pola Normalización Lingüística fai un chamado ao conxunto da sociedade galega e a todas as organizacións sociais, sindicais e políticas para que impulsen a posta en marcha con urxencia e carácter inmediato destas 6 medidas que necesariamente se han de complementar con outras contempladas na Carta Europea das Linguas, ratificada en 2001 polo Estado Español, ou no Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, aprobado en 2004 coa unanimidade do Parlamento Galego, e que debe ser reactivado como punto de partida para a recuperación e reposición efectiva da nosa lingua a todos os niveis, tal como sinalaba a Declaración Unidade a prol da Normalización da Lingua Galega asinada coa Mesa pola Normalización Lingüística por organizacións políticas tan diversas como Alternativa dos Veciños, Anova, BNG, Cerna, Compromiso por Galicia, Coalición Galega, Esquerda Unida, Partido Popular,  PSdG-PSOE, Podemos, Terra Galega e Partido Galeguista.

Medidas

Non son todas as medidas que o noso idioma precisa, mais si, de entre elas, as que a administración galega debe pór en funcionamento con máis urxencia. Son só 6 medidas que só precisan convecemento e vontade de aplicación por parte do goberno galego, que levándoas a termo comezaría, despois de décadas de inacción, a viraxe que a lingua galega precisa para chegar con saúde ao século XXII.

 

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra