Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Iris Darriba Quesada · 23005
    Hai 2 anos · actriz · Vigo
  2. José Manuel Souto Lamas · 23004
    Hai 2 anos · Xubilado · Valdoviño
  3. Bieito Lobeira Domínguez · 23003
    Hai 2 anos · Coordenador de Organización do BNG · Compostela
  4. Arturo Díaz Alvarez · 23002
    Hai 2 anos · Funcionario FFCCSE · Seixo
  5. MANUEL SEIJO FERNANDEZ · 23001
    Hai 2 anos · A Coruña
  6. Xosé Bieito Álvarez Lobariñas · 23000
    Hai 2 anos · Reformado · Gondomar
  7. Aitor Bouza manso · 22999
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  8. Susana · 22998
    Hai 2 anos · Actriz · Santiago
  9. Rosa Moreiras Cuñarro · 22997
    Hai 2 anos · Técnica de Normalización Lca · Teo
  10. Ramón Castiñeiras Rodríguez · 22996
    Hai 2 anos · Actor · Teo
  11. Sonia Díaz Pereiro · 22995
    Hai 2 anos · Xornalismo · Brión
  12. EDUARDO FERNANDEZ DIAZ · 22994
    Hai 2 anos · Estudante · A Estrada
  13. Gaspar Antonio González Somoza · 22993
    Hai 2 anos · Actor de Dobraxe · Vilagarcía de Arousa
  14. Xosé Collazo Regueiro · 22992
    Hai 2 anos · Ningunha · A Laracha
  15. Marcos Martínez Lareo · 22991
    Hai 2 anos · Ames

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra