Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. María José Rodríguez Suàrez · 23320
    Hai 2 anos
  2. María José Lubián Fernández · 23319
    Hai 2 anos · Consultora · Vigo
  3. Montserrat Recalde Fernández · 23318
    Hai 2 anos · Docente · Santiago
  4. Jorge Deaño Pérez · 23317
    Hai 2 anos · Viticultura · Vilanova de Arousa
  5. Manuel Barros Pérez · 23316
    Hai 2 anos · Educador social · A Cañiza
  6. Adrian cores cacabelos · 23315
    Hai 2 anos · Empresario · Cambados
  7. Herminia Rodríguez Pérez · 23314
    Hai 2 anos · Xubilada · Barcelona
  8. Dori González Fraga · 23313
    Hai 2 anos
  9. Raquel Rodríguez Martínez · 23312
    Hai 2 anos · Axudante produción · Bertamiráns
  10. Ana María Tuset Arias · 23311
    Hai 2 anos · Docente · Lugo
  11. Juan José Lorenzo Rosde · 23310
    Hai 2 anos · Jubilado · A Coruña
  12. María José Bouzas Vitureira · 23309
    Hai 2 anos · Enfermeira · Ponteceso
  13. Fátima Solloso · 23308
    Hai 2 anos · Camareira · Ribadeo
  14. Manuel Docampo Pereira · 23307
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  15. Tomás Rivera · 23306
    Hai 2 anos · Xerocultor · A Coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra