Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Jose Luis Santiago Castro-Rial · 23395
    Hai 2 anos · Tecnico de proyectos de investigacion · Pontevedra
  2. Ivan Álvarez ramos · 23394
    Hai 2 anos · Gandeira · A estrada
  3. Uxia Lopez Parrado · 23393
    Hai 2 anos · Arzúa
  4. Ismael Sobrino Castiñeiras · 23392
    Hai 2 anos · Actor · Catoira
  5. Iria Buxán Raposo · 23391
    Hai 2 anos · A Coruña
  6. Salvador Martínez sueiro · 23390
    Hai 2 anos · Seehausen
  7. Maite Dafonte Blanco · 23389
    Hai 2 anos · Parada · Ourense
  8. Fernando Lago Amoedo · 23388
    Hai 2 anos · Soldador · Chapela - Redondela
  9. Marisa Rúa Prieto · 23387
    Hai 2 anos · A Coruña
  10. José Afonso Nozeda-Ruitinha · 23386
    Hai 2 anos · Docente · Barbadás - Ourense
  11. José Juncal Souto · 23385
    Hai 2 anos · Xubilado · Moaña
  12. Xosé Manuel Rodríguez González · 23384
    Hai 2 anos · Docente · Ourense
  13. Ricardo Bermúdez Piñeiro · 23383
    Hai 2 anos
  14. Raúl Núñez Gómez · 23382
    Hai 2 anos · L'Hospitalet de Llobregat
  15. Xoán M. Paz Neira · 23381
    Hai 2 anos · Empregado Público · Sada

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra