Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Nuria Araujo Garcia · 23410
    Hai 2 anos · Profesora · Brión
  2. Éric Rodríguez Dopazo · 23409
    Hai 2 anos · Profesor · Ourense
  3. Cristina Vilela Fragueiro · 23408
    Hai 2 anos · Educación infantil · Cedeira
  4. Manuel Corbacho Pérez · 23407
    Hai 2 anos · Profesor · Meis
  5. Julián Bravo Rivero · 23406
    Hai 2 anos · Deseño web · Vilagarcía de Arousa
  6. Maria del Pilar Regos Barrio · 23405
    Hai 2 anos · Asistenta hogar · Boqueixon
  7. Felipe Muñoz Jove · 23404
    Hai 2 anos · A Coruña
  8. José Antonio Palma Pérez · 23403
    Hai 2 anos · Ourense
  9. Ana Sindy Oliveira Prol · 23402
    Hai 2 anos · Boiro
  10. Noelia Surribas Díaz · 23401
    Hai 2 anos · Tradutora autónoma · Lalín
  11. Roberto Fariñas · 23400
    Hai 2 anos · Caldes de Montbui
  12. Vicente Mohedano Mira · 23399
    Hai 2 anos · Teo
  13. Cristina Pérez Barral · 23398
    Hai 2 anos · Teleoperadora · Vigo
  14. Sonia Iglesias Cimadevila · 23397
    Hai 2 anos · Teo
  15. Andres Losada lestao · 23396
    Hai 2 anos · burela

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra