Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. MÓNICA BERNÁRDEZ DOMÍNGUEZ · 23455
    Hai 2 anos · Atención ó cliente · Vigo
  2. José Francisco García Domínguez · 23454
    Hai 2 anos · Administrativo · A Coruña
  3. Rubén García Ces · 23453
    Hai 2 anos · Boiro
  4. Ana Isabel Álvarez Nores · 23452
    Hai 2 anos · Cangas
  5. Sonia Cancela Señarís · 23451
    Hai 2 anos · Mestra · Santiago de Compostela
  6. Alexandre Saavedra Longueira · 23450
    Hai 2 anos · Funcionario · A Coruña
  7. Soedade Amieiro Rodríguez · 23449
    Hai 2 anos · Xubilada · Teo
  8. María Jesús Rico Iglesias · 23448
    Hai 2 anos · Xornalista · Pontedeume
  9. Xoana Catalina Baltar Romanos · 23447
    Hai 2 anos · Xubilada · Ourense
  10. Ignacio Urrutia Sobrino · 23446
    Hai 2 anos · Tradutor · Vigo
  11. Jose Mendez Castro · 23445
    Hai 2 anos · Funcionario · Arbo
  12. Tamara García Pallas · 23444
    Hai 2 anos · Enfermeira · Carballo
  13. Francisco de Borja Gonzalez · 23443
    Hai 2 anos · Tradutor · Narón
  14. Concepción Sánchez Sánchez · 23442
    Hai 2 anos · Xubilada ( con moita actividade) · A Coruña
  15. EMILIO FERNANDEZ GONZALEZ · 23441
    Hai 2 anos · estudiante · VIGO

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra