Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. DUARTE CORREA PIÑEIRO · 23530
    Hai 2 anos · PROFESOR · CAMBADOS
  2. Irene López Caballero · 23529
    Hai 2 anos · Auxiliar SAF · Bueu
  3. Elena Outeiral Mirón · 23528
    Hai 2 anos · Enfermera · Boiro
  4. Jéssica López Sobrado · 23527
    Hai 2 anos · Lugo · Sarria
  5. Lorenzo Rodríguez Tena · 23526
    Hai 2 anos · Anestesioloxía · Santiago de Compostela
  6. Francisco Javier Rascado Sedes · 23525
    Hai 2 anos · Médico · Valdoviño
  7. Andrea Alonso García · 23524
    Hai 2 anos · A Coruña
  8. Beatriz Vázquez Díaz · 23523
    Hai 2 anos · Mestra de EI · O Grove
  9. Noelia Prieto Fernández · 23522
    Hai 2 anos · Nai · A Veiga
  10. Celtia Bermúdez Delgado · 23521
    Hai 2 anos · Estudante · Arzúa
  11. sonia abalo outon · 23520
    Hai 2 anos · Tecnica de marketing · barro
  12. Julio Fernando García Cores · 23519
    Hai 2 anos · Empleado del estado · Vilagarcía de Arousa
  13. Cristina Galiñanes · 23518
    Hai 2 anos · Acuicultora · Cambados
  14. Xan Bautista Cambón Rodríguez · 23517
    Hai 2 anos · Técnico Agrícola · Poio
  15. Cristina Galiñanes García · 23516
    Hai 2 anos · Acuicultora · Cambados

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra