Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.522 persoas apoiaron xa esta campaña! 2 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 478 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9522 apoios para esta campaña.

  1. Feli Varela Varela · 23035
    Hai 11 meses · Carballo
  2. Jorge Perez Santalices · 23034
    Hai 11 meses · Ourense
  3. Santiago Castiñeira Cousillas · 23033
    Hai 11 meses · educación · Vigo
  4. Rosalía Sánchez · 23032
    Hai 11 meses · Estudante · A Coruña
  5. Leticia Santos Paz · 23031
    Hai 11 meses · Alcaldesa · Moaña
  6. Lidia Veiga Nieto · 23030
    Hai 11 meses · Actriz · Arzúa
  7. Xúlio Abonjo · 23029
    Hai 11 meses · Actor · Santiago
  8. Victorino Perez Prieto · 23028
    Hai 11 meses · Profesor de universidade xubilado e escritor · A Coruña
  9. Federico Pérez Rey · 23027
    Hai 11 meses · Actor · Ames
  10. Aldán Santamarina Corral · 23026
    Hai 11 meses · Profesor · Moaña
  11. Francisco José Pérez Pérez · 23025
    Hai 11 meses · Estudante · Compostela
  12. Manuel Pacior Pérez · 23024
    Hai 11 meses · Profesor en FP e Secundaria · Santiago de Compostela
  13. María Xosé Canitrot Trillo · 23023
    Hai 11 meses · Profesora · Santiago
  14. Elvira Pazos Martínez · 23022
    Hai 11 meses · Fene
  15. Melania Pérez Cruz · 23021
    Hai 11 meses · Actriz e pedagoga teatral · Santiago de Compostela

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra