Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua
Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual
9.522 persoas apoiaron xa esta campaña! 2 persoas apoiaron na/s última/s 1 semana/s.
Faltan tan só 478 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9522 apoios para esta campaña.

  1. Anxo Barreiros · 23680
    Hai 11 meses · Ourense
  2. Mª del Carmen Midón Gómez · 23679
    Hai 11 meses · Pensionista · A Estrada
  3. Isabel Suarez Fernandez · 23678
    Hai 11 meses · Estudante · A Coruña
  4. Mónica Ares Ameixide · 23677
    Hai 11 meses
  5. Teresa Rey Pazos · 23676
    Hai 11 meses · Profesora · Padrón
  6. Marinha Cavaleiro Domingues · 23675
    Hai 11 meses · Mestra · Brião
  7. Marcia Dieguez · 23674
    Hai 11 meses · Professora · Santos Brasil
  8. Fernando Martínez-Risco Ulloa · 23673
    Hai 11 meses · Músico · Ourense
  9. Manuel Anxo López Cadahía · 23672
    Hai 11 meses · Xubilado · Currelos
  10. Jose Arias Campo · 23671
    Hai 11 meses · Monforte de Lemos
  11. Adrián Rebollal Brites · 23670
    Hai 11 meses · Comercial · Lugo
  12. Javier Constenla Ribadeo · 23669
    Hai 11 meses · Ensino · A Guarda
  13. Xesús Ramón González Boán · 23668
    Hai 11 meses · Xubilado · Vigo
  14. María Pilar García Negro · 23667
    Hai 11 meses · Profesora · A Coruña
  15. Iria Senra Fernández · 23666
    Hai 11 meses · Ramallosa

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Carriño da compra