Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9587 apoios para esta campaña.

  1. Helena Teira Brión · 23710
    Hai 1 ano · Xerentr · Ribeira
  2. Roberto Pazos Alvarez · 23709
    Hai 1 ano · Hostelería · Sanxenxo
  3. María Pilar Brocos Fernández · 23708
    Hai 1 ano · Profesora de Universidade · Santiago de Compostela
  4. Paula Dagá Miraz · 23707
    Hai 1 ano · Mae · Tui
  5. HENRIQUE LAMAS CABADO · 23706
    Hai 1 ano
  6. Verónica Prieto · 23705
    Hai 1 ano · Lugo
  7. X.Henrique García Outeiral · 23704
    Hai 1 ano · Mariñeiro · Cambados
  8. Eduardo Bohega · 23703
    Hai 1 ano · Guadalajara
  9. MARÍA XOSÉ FERNANDEZ RIVAS · 23702
    Hai 1 ano · Profesora · Santiago de Compostela
  10. María Muiño Filgueira · 23701
    Hai 1 ano · San Sadurniño
  11. Alicia Pallas Lozano · 23700
    Hai 1 ano · A Coruña
  12. Anxo lema saavedra · 23699
    Hai 1 ano · Investigador quimico · Vedra
  13. Christian Toimil Arango · 23698
    Hai 1 ano · Lugo
  14. Nuria Taín Novo · 23697
    Hai 1 ano · UX Researcher · Moaña
  15. DaVid noya suarez · 23696
    Hai 1 ano · Produccion · Ames

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra