Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Manuela Castro López · 23050
    Hai 2 anos · Docente · Begonte
  2. Elvira Cienfuegos · 23049
    Hai 2 anos · profesora xubilada · Santiago
  3. Leticia Canzobre Urbón · 23048
    Hai 2 anos · Técnico de Sonido · A Coruña
  4. Ana Belén Fraga Ramírez · 23047
    Hai 2 anos · Profesora Galego · Xunqueira de Ambía
  5. Lucía López Sobrado · 23046
    Hai 2 anos · Arzúa
  6. María Jesús Juanatey Malvarez · 23045
    Hai 2 anos · Xubilada · Noia
  7. Isabel rilo García · 23044
    Hai 2 anos · Audiovisual · A Coruña
  8. Iolanda Otero Barroso · 23043
    Hai 2 anos · Politóloga · Ourense
  9. Elvira Alfonsín Madrigal · 23042
    Hai 2 anos · Coidadora · Pontevedra
  10. Xesus Álvaro Arceo Beiroa · 23041
    Hai 2 anos · Funcionario · Santiago de Compostela
  11. Carla · 23040
    Hai 2 anos · Lugo
  12. Esther Nidáguila · 23039
    Hai 2 anos · Pontedeume
  13. Óscar Rodríguez Miranda · 23038
    Hai 2 anos · Actor · Nigrán
  14. Antía Cid carrera · 23037
    Hai 2 anos · Ourense
  15. Maria Núñez Otero · 23036
    Hai 2 anos · Odontóloga · Lugo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra