Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Pablo García Freire · 23725
    Hai 2 anos · Bombeiro · Canabal, Sober
  2. Silvia Cordero Ledo · 23724
    Hai 2 anos · estudante · Ponteareas
  3. Alba Méndez Gayo · 23723
    Hai 2 anos · Tradutora autónoma · As Neves
  4. Rocio González Domínguez · 23722
    Hai 2 anos · Verin
  5. Miguel Mariño Adrán · 23721
    Hai 2 anos · Peón Industria · Santiago de Compostela
  6. Luís Pardo · 23720
    Hai 2 anos · Xornalista · Compostela
  7. Patricia Aparicio Rivas · 23719
    Hai 2 anos · Limpiadora · SANTIAGO DE COMPOSTELA
  8. Alba López Neira · 23718
    Hai 2 anos · Estudante · Cambre
  9. Luisa Cardoso · 23717
    Hai 2 anos · wstudante · Brasil
  10. Jose Berdullas Barreiro · 23716
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  11. Enrique Cabarcos Pita · 23715
    Hai 2 anos · A Coruña
  12. Zoraida González Cornide · 23714
    Hai 2 anos · Psicóloga · A Coruña
  13. Raquel Domínguez · 23713
    Hai 2 anos · docente · Allariz
  14. Manuel Adame Moldes · 23712
    Hai 2 anos · Educadoras social · Vigo
  15. Miguel Neira Boga · 23711
    Hai 2 anos · Vigo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra