Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Ana Baldonedo González · 32786
    Hai 2 anos · Estudante · Castro Caldelas
  2. IRIA VENTOSO CARIDAD · 32785
    Hai 2 anos · Cambre
  3. Pilar Campos Fernández · 32784
    Hai 2 anos · Publicidade · Vigo
  4. María Jorge Bastos · 32783
    Hai 2 anos · Violinista e mestra · Nigrán
  5. Santiago Pérez Marco · 32782
    Hai 2 anos · Estudiant · Rafelbunyol
  6. Mariana Alejandra Méndez · 32781
    Hai 2 anos · Artista · Buenos Aires - Arxentina
  7. María Angelina Rejes Yanes · 32780
    Hai 2 anos · Mestra · Alfoz
  8. Jose Alejandro Valcárcel Vicente · 32779
    Hai 2 anos · Estudante de Grao · Tui
  9. Jaime Melón Recio · 32778
    Hai 2 anos · Estudante · Mondariz
  10. Marta Nogueira Campos · 32777
    Hai 2 anos · Estudante de Grao · Vigo
  11. Sofia Fernandez Marin · 32776
    Hai 2 anos · Moralzarzal
  12. María Crei Rodríguez · 32775
    Hai 2 anos · estudante · Lousame
  13. Laura Pumares Rejes · 32774
    Hai 2 anos · Estudante de Grao · Alfoz
  14. Sara Fernández Lozano · 32773
    Hai 2 anos · Opositora · Rábade
  15. Zeltia Méndez Gallego · 32772
    Hai 2 anos · Psicopedagoga · Lugo

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra