Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Miguel Berros Domínguez · 32816
    Hai 2 anos · Grao de Humanidades · Vigo
  2. Jose Manuel Pino Gonzalez · 32815
    Hai 2 anos · empresa de mobiliario de deseño · Londres
  3. Sandra Blanco García · 32814
    Hai 2 anos · estudante · Pontedeume
  4. Jesús Pastor Rodríguez · 32813
    Hai 2 anos · Estudante e profesor de inglés · Madrid
  5. Ana Laura Puentes Ferrín · 32812
    Hai 2 anos · Estudante de filoloxia · REDONDELA
  6. Pedro Blanco Blanco · 32811
    Hai 2 anos · Boiro
  7. Elsa Montenegro Gómez · 32810
    Hai 2 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  8. Isabella Moreno Rueda · 32809
    Hai 2 anos · Estudante · Ourense
  9. Alexia Novo Martínez · 32808
    Hai 2 anos · Estudantw · Fene
  10. Hugo Ferreiro Rodríguez · 32807
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  11. Saray GL · 32806
    Hai 2 anos
  12. MIGUEL PEREZ DIAZ · 32805
    Hai 2 anos · Profesorado secundaria · FERROL
  13. celso posada fernández · 32804
    Hai 2 anos · mestre de educación primaria · ferrol
  14. Abel Facal Malvar · 32803
    Hai 2 anos · Estudante · Enschede-Países baixos
  15. MARIA DORES MONTOYA FREIRE · 32802
    Hai 2 anos · ADMINISTRATIVA · MEIS

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra