Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua

Igualdade para producións, dobraxe e lexendaxe en galego na nova Lei Xeral do Audiovisual

Plataformas de emisións de contidos audiovisuais como Netflix, HBO, Prime Vídeo ou Movistar, ou incluso as canles xeralistas con concesións públicas de TV, emiten os seus contidos só en castelán sen nen sequera contaren coa opción dobrada ou lexendada en galego que si ofertan para outras moitas linguas.

Mesmo a canle pública estatal, TVE, tamén financiada con diñeiro galego, só emite na nosa lingua 39 minutos sobre un total de 120 horas diarias.

Até o momento a lexislación xeral audiovisual só estabeleceu porcentaxes obrigatorios de contidos mínimos e financiamento en castelán, o que limita o acceso a contidos en galego, impide que a infancia, a mocidade e o conxunto do público gocen dunha oferta máis ampla de series e filmes en galego e sitúa en inferioridade de condicións de financiamento ao sector audiovisual galego. Porén, esta situación pode mudar na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Que queremos? 

En maio de 2021 o Parlamento de Galiza aprobaba por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 sinaturas, xa contemplaba algunhas medidas para corrixir esta situación solicitando accións para:

  • Que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, lexendaxe e audiodescricións, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda.
  • Reclamar da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego nomeadamente na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos da súa App.

Por todo isto, as persoas abaixo asinantes instamos á Vicepresidencia de Asuntos Económicos e Transformación Dixital a que inclúa as medidas mencionadas anteriormente en favor da lingua galega na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

9597 apoios para esta campaña.

  1. Diego Boquete · 23110
    Hai 2 anos · Mestre · Oroso
  2. Isabel Vázquez Rosales · 23109
    Hai 2 anos · Mestra · Moaña
  3. Xoana Balado Fernández · 23108
    Hai 2 anos · Psicomotricista · Ferrol
  4. M.Palmira Fernández Rodríguez · 23107
    Hai 2 anos · Xubilada · Castrelo de Miño
  5. Laura Fernández Barreiro · 23106
    Hai 2 anos · Pontevedra
  6. Beatriz Gea Nogueira · 23105
    Hai 2 anos · Vigo
  7. isabel vaquero quintela · 23104
    Hai 2 anos · Traballadora da USC · Ames
  8. Paulo Rios Santome · 23103
    Hai 2 anos · Moaña
  9. Daniel Castro García · 23102
    Hai 2 anos · Deputado autonómico · Ribadeo
  10. Purificación Alvarez Vazquez · 23101
    Hai 2 anos · Os meus labores · Beran leiro Ourense
  11. Pilar Rey Barrientos · 23100
    Hai 2 anos · Patronista · A Coruña
  12. Xose Santamarina Diaz · 23099
    Hai 2 anos · Xubilado · Ribadeo
  13. Odilo Barreiro Martínez · 23098
    Hai 2 anos · Mestre · Moaña
  14. Carla Nepomuceno · 23097
    Hai 2 anos
  15. María Dolores Sanmartín Alonso · 23096
    Hai 2 anos

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra