Campaña “Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A lingua galega tal e como establece a lexislación vixente  ten plena validez legal e é ademais a lingua propia de Galiza.

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A atención ao/á cliente/a no seu idioma é unha das normas elementais que calquera empresa debe respectar sen agardar a que se produzan queixas nin pretender que teña que ser o/a cliente/a quen estea continuamente facendo valer un dereito tan básico. Neste sentido, unha maior sensibilidade da súa empresa polo uso galego contribuiría sen dúbida a espertar nas usuarias e usuarios unha imaxe máis positiva da empresa e un aumento da confianza.

Queremos atención en galego.
Queremos traballo aquí.

O proceso de centralización en ocasións unido á deslocalización, que está a producirse na empresa dificulta aínda máis que se poda garantir a atención ás galegas e galegos na súa lingua; ademais limita enormemente o dereito das traballadoras e traballadores a utilizaren con normalidade o galego no seu ámbito laboral, ou directamente a teren un posto de traballo no seu país.

Por esta razón demandamos unha mudanza de actitude que garanta o uso do galego como lingua preferente, salvo que o/a cliente/a indique outra cousa, en todas as comunicacións e publicidade da empresa e nos servizos de atención ao/a cliente/a en todas aquelas áreas que teñan un contacto persoal, electrónico ou telefónico co público, ou que nos casos onde se ofertan diferentes opcións, a de galego sexa sempre unha opción real.

 

179 apoios para esta campaña.

  1. maria luisa diaz sanchez · 195
    Hai 9 anos · ensinante retirada · Fafian -Sarria Lugo
  2. Marta Pérez Alonso · 194
    Hai 9 anos · Actriz · A Cañiza
  3. Gonzalo Suarez Rodriguez · 193
    Hai 9 anos · Jubilado · Vigo
  4. Ivonne · 192
    Hai 9 anos · A Coruña
  5. fº javier lodeiros meijide · 191
    Hai 9 anos · ipt · penaouviña 23 c cambre
  6. Xurxo Martiz Crespo · 190
    Hai 9 anos · documentalista · A Coruña
  7. Pedro Blanco · 189
    Hai 9 anos · Musico · Vigo
  8. Cruz Martínez Vilas · 188
    Hai 9 anos · Aux. enfermaría · Vigo
  9. Rosa Martínez Vilas · 187
    Hai 9 anos · Vigo
  10. Pedro Corzo Anta · 183
    Hai 9 anos · contable · O Barco
  11. Dolores Oviedo Lareu · 182
    Hai 9 anos · pintora · Caión-A Laracha
  12. Maria V. Rodríguez Caneda · 181
    Hai 9 anos · Med. Seguros · A Laracha - A Coruña
  13. Antonio Fernández Jorge · 180
    Hai 9 anos · Técnico Informático · A Coruña
  14. julio moskowich burgo · 179
    Hai 9 anos · obreiro · a coruña
  15. raquel casaballe rodriguez · 178
    Hai 9 anos · aux.ayuda a domicilio · la coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra