Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…
A lingua galega tal e como establece a lexislación vixente ten plena validez legal e é ademais a lingua propia de Galiza.
Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…
A atención ao/á cliente/a no seu idioma é unha das normas elementais que calquera empresa debe respectar sen agardar a que se produzan queixas nin pretender que teña que ser o/a cliente/a quen estea continuamente facendo valer un dereito tan básico. Neste sentido, unha maior sensibilidade da súa empresa polo uso galego contribuiría sen dúbida a espertar nas usuarias e usuarios unha imaxe máis positiva da empresa e un aumento da confianza.
Queremos atención en galego.
Queremos traballo aquí.
O proceso de centralización en ocasións unido á deslocalización, que está a producirse na empresa dificulta aínda máis que se poda garantir a atención ás galegas e galegos na súa lingua; ademais limita enormemente o dereito das traballadoras e traballadores a utilizaren con normalidade o galego no seu ámbito laboral, ou directamente a teren un posto de traballo no seu país.
Por esta razón demandamos unha mudanza de actitude que garanta o uso do galego como lingua preferente, salvo que o/a cliente/a indique outra cousa, en todas as comunicacións e publicidade da empresa e nos servizos de atención ao/a cliente/a en todas aquelas áreas que teñan un contacto persoal, electrónico ou telefónico co público, ou que nos casos onde se ofertan diferentes opcións, a de galego sexa sempre unha opción real.
179 apoios para esta campaña.