Campaña “Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A lingua galega tal e como establece a lexislación vixente  ten plena validez legal e é ademais a lingua propia de Galiza.

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A atención ao/á cliente/a no seu idioma é unha das normas elementais que calquera empresa debe respectar sen agardar a que se produzan queixas nin pretender que teña que ser o/a cliente/a quen estea continuamente facendo valer un dereito tan básico. Neste sentido, unha maior sensibilidade da súa empresa polo uso galego contribuiría sen dúbida a espertar nas usuarias e usuarios unha imaxe máis positiva da empresa e un aumento da confianza.

Queremos atención en galego.
Queremos traballo aquí.

O proceso de centralización en ocasións unido á deslocalización, que está a producirse na empresa dificulta aínda máis que se poda garantir a atención ás galegas e galegos na súa lingua; ademais limita enormemente o dereito das traballadoras e traballadores a utilizaren con normalidade o galego no seu ámbito laboral, ou directamente a teren un posto de traballo no seu país.

Por esta razón demandamos unha mudanza de actitude que garanta o uso do galego como lingua preferente, salvo que o/a cliente/a indique outra cousa, en todas as comunicacións e publicidade da empresa e nos servizos de atención ao/a cliente/a en todas aquelas áreas que teñan un contacto persoal, electrónico ou telefónico co público, ou que nos casos onde se ofertan diferentes opcións, a de galego sexa sempre unha opción real.

 

179 apoios para esta campaña.

  1. Pedro Domínguez · 162
    Hai 10 anos · Sanxenxo
  2. Andrea Lara Martinez Bernardez · 161
    Hai 10 anos · Produtora audiovisual · Cangas do Morrazo
  3. Bruno Fandiño Pita · 160
    Hai 10 anos · Chef · Pontevedra
  4. Paula Teixeira Moláns · 159
    Hai 10 anos · Mestra · Carnota
  5. Rubén Mata López · 158
    Hai 10 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  6. xavier valverde alonso · 157
    Hai 10 anos · administrativo · Vigo
  7. Sergio Toucedo de la Peña · 156
    Hai 10 anos · Teleoperador · Pontevedra
  8. Pilar Conde · 155
    Hai 10 anos · profesora · Vilagarcía de Arousa
  9. Quique cortegoso · 154
    Hai 10 anos · carteiro · Marín
  10. Rebeca Bande Enríquez · 153
    Hai 10 anos · Ourense · Ourense
  11. Fernando Fernández González · 152
    Hai 10 anos · Comercial · Vigo
  12. mayca alvarez vieitez · 151
    Hai 10 anos · camareira · crecente
  13. Anxo Soto García · 150
    Hai 10 anos · docente hostelería e lingüísta
  14. Erwan Quintin · 149
    Hai 10 anos · Enxeñeiro · París
  15. José Fco. Cao Balboa · 148
    Hai 10 anos · Funcionario xubilado · Vedra

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra