Campaña “Queremos atención en galego. Queremos traballo aquí”

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A lingua galega tal e como establece a lexislación vixente  ten plena validez legal e é ademais a lingua propia de Galiza.

Cando chames, pide que te atendan en galego: administracións, banca, transporte, telecomunicacións, seguros, enerxía, industria, servizos financeiros, hoteis…

A atención ao/á cliente/a no seu idioma é unha das normas elementais que calquera empresa debe respectar sen agardar a que se produzan queixas nin pretender que teña que ser o/a cliente/a quen estea continuamente facendo valer un dereito tan básico. Neste sentido, unha maior sensibilidade da súa empresa polo uso galego contribuiría sen dúbida a espertar nas usuarias e usuarios unha imaxe máis positiva da empresa e un aumento da confianza.

Queremos atención en galego.
Queremos traballo aquí.

O proceso de centralización en ocasións unido á deslocalización, que está a producirse na empresa dificulta aínda máis que se poda garantir a atención ás galegas e galegos na súa lingua; ademais limita enormemente o dereito das traballadoras e traballadores a utilizaren con normalidade o galego no seu ámbito laboral, ou directamente a teren un posto de traballo no seu país.

Por esta razón demandamos unha mudanza de actitude que garanta o uso do galego como lingua preferente, salvo que o/a cliente/a indique outra cousa, en todas as comunicacións e publicidade da empresa e nos servizos de atención ao/a cliente/a en todas aquelas áreas que teñan un contacto persoal, electrónico ou telefónico co público, ou que nos casos onde se ofertan diferentes opcións, a de galego sexa sempre unha opción real.

 

179 apoios para esta campaña.

  1. José Manuel Calvo Carnota · 177
    Hai 9 anos · Conductor · A Coruña
  2. Miguel Souto Souto · 176
    Hai 9 anos · Parado · Narón
  3. FLORENTINO FERNANDEZ VAZQUEZ · 175
    Hai 9 anos · ADMINISTRATIVO · A CORUÑA
  4. Xoán Manoel Sande Muñiz · 174
    Hai 9 anos · Administrativo · A Laracha
  5. Miguel Durán Barmúdez · 173
    Hai 9 anos · Camareiro · Sanxenxo
  6. Xoan Manuel Vázquez Sevillano · 172
    Hai 9 anos · Profesor · Meis
  7. Óscar Senra Gòmez · 171
    Hai 9 anos · Autónomo · Sanxenxo
  8. Óscar Senra Camiña · 170
    Hai 9 anos · Santiago de Compostela
  9. margarita sanda lorenzo · 169
    Hai 9 anos · teleoperadora · a coruña
  10. Rubén Ledo Gutiérrez · 168
    Hai 9 anos · Vigo
  11. Raquel Montero Sabin · 167
    Hai 9 anos · Axente de viaxes · A Coruña
  12. Senén Carrón Curros · 166
    Hai 9 anos · Teleoperador · A Coruña
  13. Mar de la Peña Cristiá · 165
    Hai 9 anos · enfermera · vigo
  14. Rut Villanueva Oliveira · 164
    Hai 9 anos · Mestra · Vilagarcia de Arousa
  15. Óscar Calvo Varela · 163
    Hai 9 anos · Sindicalista · A Laracha

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra