CARTA AOS ESTADOS MEMBROS DA UNIÓN EUROPEA

Dirixímonos a vostedes en relación ao debate que terá lugar no Consello de Asuntos Xerais e que será unha outra oportunidade para recoñecer a lingua galega como oficial da Unión Europea

A lingua galega é a grande obra colectiva do pobo galego. A que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nunha Europa e nun mundo plural e diverso ao que queremos contribuír.

Así o fixemos mantendo vivo o noso idioma no noso país, con esforzo, perseverancia e dignidade colectiva. Séculos de limitacións, restricións, prohibicións e represión do seu uso na Galiza non impediron que aínda hoxe sexa a lingua de maior uso habitual e elemento decisivo de cohesión social.

A oficialidade do galego en Galiza, recoñecida en 1981, non será plena se non atinxe a todos os ámbitos da nosa vida social, económica e cultural, hoxe condicionada en moitos aspectos pola nosa pertenza a unha Unión Europea que aínda non recoñece plenamente a nosa lingua.

O galego é garantía de futuro, de existencia digna e próspera como pobo. O idioma é o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos e unha necesidade para avanzarmos xuntas todas as xeracións actuais na cultura, na educación, no progreso social, económico e político. Para afrontar o futuro en todos os ámbitos precisamos o apoio e protección que as regulacións europeas dan ás linguas oficiais da Unión. Sermos cidadás e cidadáns con todas as garantías, dereitos e deberes, tamén os lingüísticos, recoñecidos.

Ademais no caso do galego, a pertenza do noso idioma a un sistema lingüístico máis amplo (o galego-portugués) alén de optimizar recursos na tradución e interpretación, facilitaría e melloraría a reciprocidade na integración dentro do Eixo atlántico que partillamos con Portugal e no que existe continuidade lingüística, cultural e económica.

As e os representantes de entidades públicas e sociais asinantes desta carta pedímoslle a todos os Estados membros que voten si ao recoñecemento da lingua galega como oficial da Unión Europea.

Abel Caballero Álvarez. Alcalde de Vigo

Inés Rey García. Alcaldesa da Coruña

Goretti Sanmartín Rei. Alcaldesa de Santiago de Compostela

Miguel Fernández Méndez. Alcalde de Lugo.

Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra

José Tomé Roca. Presidente da Deputación de Lugo

Valentín González Formoso. Presidente da Deputación da Coruña

Ana Belén Pontón Mondelo. Portavoz Nacional e portavoz parlamentar do BNG

Xosé Ramón Gómez Besteiro. Secretario Xeral e portavoz parlamentar do PSdG.

Paulo Carril Vázquez. Secretario xeral da CIG

Amelia Pérez Álvarez. Secretaria xeral SN de CCOO de Galicia

Cristóbal Medeiros Fernández. Secretario xeral de UGT Galicia

Xurxo Álvarez. Presidente Federación Rural Galega

Isabel Vilalba. Secretaria xeral SLG

Roberto García Fernández. Secretario xeral de Unións Agrarias

Marcos Maceira Eiras. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística

Xosé Manuel Carril Vázquez. Presidente de Galiza Cultura

Anxo Louzao Rodríguez. Portavoz de Vía Galega

Henrique Monteagudo. Presidente da Real Academia Galega

Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

Manuel Vázquez Cabo. Presidente da Rede Galega de Empresas

Mónica Fernández Valencia. Presidenta Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización da Lingua

Isabel Calvete. Presidenta da Confederación de ANPAS GALEGAS

Celia Armas. Directora empresas Abertos ao Galego

María Xosé Bravo. expresidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda

María Antonia Pérez Rodríguez. Presidenta da Asociación Cultural O Galo 

Elsa Quintas Alborés. Directora Observatorio Dereitos Lingüísticos

Arantza Vilar. Presidenta da Asociación de actores e actrices de Galicia.

Higinio Mougán. Director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias

Roi Cuba Dorado. Presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

María Pérez González. Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”

Bea Fariñas. Presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación

Rogelio Carballo. Presidente de Confapa Galicia

Antonio López Díaz. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

Julio Abalde Alonso. Reitor da Universidade da Coruña

Manuel Joaquín Reigosa Roger. Reitor da Universidade de Vigo

1200 apoios para esta campaña.

  1. Marcelo Fort Muñoz · 61048
    Hai 3 meses
  2. Valentín González Formoso · 60885
    Hai 5 meses
  3. Alcaldesa · 60881
    Hai 5 meses
  4. Ánxela Fernández Callís · 60876
    Hai 5 meses
  5. Xoan Xesús Carril Ramos · 60869
    Hai 5 meses
  6. Alcalde · 60868
    Hai 5 meses
  7. Isabel.Fernandez Gallego · 60867
    Hai 5 meses
  8. Manuel Requeijo Arnejo · 60866
    Hai 5 meses
  9. Alcaldesa · 60860
    Hai 5 meses
  10. Laura Gil · 60859
    Hai 5 meses
  11. ALCALDESA · 60858
    Hai 5 meses
  12. ALCALDESA · 60857
    Hai 5 meses
  13. Sinatura cod60840
    Hai 5 meses
  14. Silvana Janeiro Moas · 60780
    Hai 7 meses
  15. Cristina Novoa · 60779
    Hai 7 meses

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra