Dirixímonos a vostedes en relación ao debate que terá lugar o 15 de novembro no Consello de Asuntos Xerais e que será unha outra oportunidade para recoñecer a lingua galega como oficial da Unión Europea
A lingua galega é a grande obra colectiva do pobo galego. A que nos une e nos identifica, a que nos dá voz propia nunha Europa e nun mundo plural e diverso ao que queremos contribuír.
Así o fixemos mantendo vivo o noso idioma no noso país, con esforzo, perseverancia e dignidade colectiva. Séculos de limitacións, restricións, prohibicións e represión do seu uso na Galiza non impediron que aínda hoxe sexa a lingua de maior uso habitual e elemento decisivo de cohesión social.
A oficialidade do galego en Galiza, recoñecida en 1981, non será plena se non atinxe a todos os ámbitos da nosa vida social, económica e cultural, hoxe condicionada en moitos aspectos pola nosa pertenza a unha Unión Europea que aínda non recoñece plenamente a nosa lingua.
O galego é garantía de futuro, de existencia digna e próspera como pobo. O idioma é o mellor instrumento común que creamos todas e todos os galegos e unha necesidade para avanzarmos xuntas todas as xeracións actuais na cultura, na educación, no progreso social, económico e político. Para afrontar o futuro en todos os ámbitos precisamos o apoio e protección que as regulacións europeas dan ás linguas oficiais da Unión. Sermos cidadás e cidadáns con todas as garantías, dereitos e deberes, tamén os lingüísticos, recoñecidos.
Ademais no caso do galego, a pertenza do noso idioma a un sistema lingüístico máis amplo (o galego-portugués) alén de optimizar recursos na tradución e interpretación, facilitaría e melloraría a reciprocidade na integración dentro do Eixo atlántico que partillamos con Portugal e no que existe continuidade lingüística, cultural e económica.
As e os representantes de entidades públicas e sociais asinantes desta carta pedímoslle a todos os Estados membros que voten si ao recoñecemento da lingua galega como oficial da Unión Europea.
A Liña do Galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantía do dereito a vivir en galego. Este servizo conta coa colaboración da Deputación da Coruña.
Lara Méndez López. Alcaldesa de Lugo
Inés Rey García. Alcaldesa da Coruña
Goretti Sanmartín Rei. Alcaldesa de Santiago de Compostela
Miguel Anxo Fernández Lores. Alcalde de Pontevedra
José Tomé Roca. Presidente da Deputación de Lugo
Ana Belén Pontón Mondelo. Portavoz Nacional e portavoz parlamentaria do BNG
Valentín González Formoso. Presidente da Deputación da Coruña e Secretario xeral do PSdeG
Luís Manuel Álvarez Martínez. Portavoz parlamentario do PSdG
Paulo Carril Vázquez. Secretario xeral da CIG
Amelia Pérez Álvarez. Secretaria xeral SN de CCOO de Galicia
José Antonio Gómez Gómez. Secretario xeral UXT Galicia
Xurxo Álvarez. Presidente Federación Rural Galega
Isabel Vilalba. Secretaria xeral SLG
Roberto García Fernández. Secretario xeral de Unións Agrarias
Marcos Maceira Eiras. Presidente da Mesa pola Normalización Lingüística
Xosé Manuel Carril Vázquez. Presidente de Galiza Cultura
Anxo Louzao Rodríguez. Portavoz de Vía Galega
Vítor Freixanes. Presidente da Real Academia Galega
Cesáreo Sánchez Iglesias. Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Manuel Vázquez Cabo. Presidente da Rede Galega de Empresas
Anxos Sobriño. Presidenta Coordinadora de Traballadores e Traballadoras pola Normalización da Lingua
Isabel Calvete. Presidenta da Confederación de ANPAS GALEGAS
Celia Armas. Directora empresas Abertos ao Galego
María Xosé Bravo. Presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda
María Antonia Pérez Rodríguez. Presidenta da Asociación Cultural O Galo
Elsa Quintas Alborés. Directora Observatorio Dereitos Lingüísticos
Arantza Vilar. Presidenta da Asociación de actores e actrices de Galicia.
Higinio Mougán. Director xerente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias
Roi Cuba Dorado. Presidente da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza
María Pérez González. Presidenta da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”
Iria Taibo. Presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación
Antonio López Díaz. Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Julio Abalde Alonso. Reitor da Universidade da Coruña
Manuel Joaquín Reigosa Roger. Reitor da Universidade de Vigo
1086 apoios para esta campaña.