Cartaz Lomce: En galego sen límites

En galego sen límites. Non aos recortes ao galego. Asina

As modificacións introducidas coa LOMCE na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da lingua galega por riba da que xa vén sufrindo por mor do Decreto 79/2010 de plurilingüismo. A aplicación da LOMCE ten como consecuencia nefasta que o alumnado de ESO teña 31 horas de docencia en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e  21, se cursa ensinanzas académicas. É dicir, o alumnado recibe 13 horas menos de docencia en galego ca en español na modalidade de ensinanzas aplicadas e 10 menos nas académicas, no conxunto da ESO. Son datos que se suman á redución da presenza do noso idioma nas aulas por causa do Decreto 79/2010: ausencia de medidas destinadas á inmersión na nosa lingua na educación infantil en contornos castelán falantes, redución do uso vehicular do galego a un terzo ou menos dun terzo nos centros plurilingües, prohibición do uso do galego nas materias técnicas que teñen a función de connotar positivamente o uso da nosa lingua, ausencia de concreción das materias e dos módulos que deben ser impartidos en galego en niveis como EPA ou FP, etc.; medidas absolutamente desaconselladas por persoas expertas e moi eficaces para restar falantes ao noso idioma.

Esta é a realidade, non a que nos pretenden trasladar facéndonos crer que estamos nunha situación de normalidade. A nosa lingua está oprimida por unha lexislación que lle impide respirar e que a afoga cada día máis. O lingua galega precisa espazo e hoxe máis que nunca necesita que o ámbito educativo aposte decididamente pola normalización plena, pois é xa a única ferramenta que pode impedir que o noso idioma se vexa cada día máis reducido por uns usos sociais que non lle dan ningunha oportunidade. Se na rúa, no comercio, no ocio, nos medios de comunicación, no cine, na prensa ou na televisión o alumnado non atopa referencias para poder desenvolverse en galego, a escola ten que darlle esa ferramenta e ten que garantir que o día de mañá sigan sendo galegas e galegos e iso só pode ser posíbel se falan galego. Porque a lingua é o que nos identifica, sen ela, como dixo Manuel María, non somos ninguén.

Unha política lingüística verdadeira, que realmente queira garantir a pervivencia da nosa lingua, só pode propor, hoxe por hoxe, que o ensino sexa en galego. Será o único medio de construír o seu futuro.

Por iso propomos que se elabore un novo decreto que aposte polo ensino en galego, sen escusas nin subterfuxios, e que a Consellaría demostre un compromiso coa nosa lingua adoptando a primeira medida que redundaría no incremento do seu uso: a derrogación inmediata do Decreto de plurilingüismo.

689 apoios para esta campaña.

  1. Loureiro · 1970
    Hai 6 anos · Enxeñeiro · A Coruña
  2. Alfonso Alvarez Rives · 1969
    Hai 6 anos · Panaderia · Carballo
  3. Ana Isabel Crespo Pardo · 1968
    Hai 6 anos · Auxiliar Administrativa · Compostela
  4. víctor Álvarez Arias · 1967
    Hai 6 anos · funcionario · friol
  5. Montse Busto Beade · 1966
    Hai 6 anos · Economista · A coruña
  6. Marta Rodriguez Suarez · 1965
    Hai 6 anos · Perruqueira · A coruña
  7. Manuel Antelo Pazos · 1964
    Hai 6 anos · Alcalde · Vimianzo
  8. Eva Gómez Gómez · 1963
    Hai 6 anos · Estudante · Castro de Rei
  9. Mónica Sanmiguel Sesto · 1962
    Hai 6 anos · educación · A coruña
  10. ALEJANDRO CANEDO LIÑARES · 1961
    Hai 6 anos · CARBALLO
  11. Vanesa Garrido Blanco · 1960
    Hai 6 anos · E. T. Agrícola · O Courel
  12. Pilar Saavedra Codesido · 1959
    Hai 6 anos · Funcionaria da Xunta · Monforte de Lemos
  13. Jorge Manuel Lema Carballo · 1958
    Hai 6 anos · Enxeñeiro · Vimianzo
  14. Daniel Irimia Yáñez · 1957
    Hai 6 anos · Estudante · Cospeito
  15. Cristina Castro Martínez · 1956
    Hai 6 anos · I.T. Topógrafa · Laracha

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra