Cartaz Lomce: En galego sen límites

En galego sen límites. Non aos recortes ao galego. Asina

As modificacións introducidas coa LOMCE na carga lectiva de diferentes materias da ESO incrementan a discriminación da lingua galega por riba da que xa vén sufrindo por mor do Decreto 79/2010 de plurilingüismo. A aplicación da LOMCE ten como consecuencia nefasta que o alumnado de ESO teña 31 horas de docencia en español fronte a 18 en galego, se cursa ensinanzas aplicadas, e  21, se cursa ensinanzas académicas. É dicir, o alumnado recibe 13 horas menos de docencia en galego ca en español na modalidade de ensinanzas aplicadas e 10 menos nas académicas, no conxunto da ESO. Son datos que se suman á redución da presenza do noso idioma nas aulas por causa do Decreto 79/2010: ausencia de medidas destinadas á inmersión na nosa lingua na educación infantil en contornos castelán falantes, redución do uso vehicular do galego a un terzo ou menos dun terzo nos centros plurilingües, prohibición do uso do galego nas materias técnicas que teñen a función de connotar positivamente o uso da nosa lingua, ausencia de concreción das materias e dos módulos que deben ser impartidos en galego en niveis como EPA ou FP, etc.; medidas absolutamente desaconselladas por persoas expertas e moi eficaces para restar falantes ao noso idioma.

Esta é a realidade, non a que nos pretenden trasladar facéndonos crer que estamos nunha situación de normalidade. A nosa lingua está oprimida por unha lexislación que lle impide respirar e que a afoga cada día máis. O lingua galega precisa espazo e hoxe máis que nunca necesita que o ámbito educativo aposte decididamente pola normalización plena, pois é xa a única ferramenta que pode impedir que o noso idioma se vexa cada día máis reducido por uns usos sociais que non lle dan ningunha oportunidade. Se na rúa, no comercio, no ocio, nos medios de comunicación, no cine, na prensa ou na televisión o alumnado non atopa referencias para poder desenvolverse en galego, a escola ten que darlle esa ferramenta e ten que garantir que o día de mañá sigan sendo galegas e galegos e iso só pode ser posíbel se falan galego. Porque a lingua é o que nos identifica, sen ela, como dixo Manuel María, non somos ninguén.

Unha política lingüística verdadeira, que realmente queira garantir a pervivencia da nosa lingua, só pode propor, hoxe por hoxe, que o ensino sexa en galego. Será o único medio de construír o seu futuro.

Por iso propomos que se elabore un novo decreto que aposte polo ensino en galego, sen escusas nin subterfuxios, e que a Consellaría demostre un compromiso coa nosa lingua adoptando a primeira medida que redundaría no incremento do seu uso: a derrogación inmediata do Decreto de plurilingüismo.

693 apoios para esta campaña.

  1. Domingo Casáis Gude · 1363
    Hai 7 anos · Autonomo · Ribeira
  2. Sonia Iglesias Cimadevila · 1362
    Hai 7 anos · Estudante · Teo
  3. Patricia Domínguez Martín · 1361
    Hai 7 anos · Estudiante · Salamanca
  4. Paula Castro · 1360
    Hai 7 anos · Mestra · Ferrol
  5. Maria josé porto parente · 1359
    Hai 7 anos · Funcionaria · Barbadás
  6. Xulia Martinez · 1358
    Hai 7 anos · Substituta · A Coruña
  7. Marcial Castro Seijas · 1357
    Hai 7 anos · Xerente empresa automoción · Santiago de Compostela
  8. Marcos Xose Seoane Vazquez · 1356
    Hai 7 anos · peisaco- A Laracha
  9. Xaime Lis Corral · 1355
    Hai 7 anos · VIGO
  10. Rosario Bañobre González · 1354
    Hai 7 anos · Profesora EEMM · Vilanova de Arousa
  11. Xosé Anxo Cruz Mahía · 1353
    Hai 7 anos · Técnico Audiovisual · Bergondo-A Coruña
  12. Íria Fernandes Moscoso · 1352
    Hai 7 anos · Estudante Mestrado Profesorado · Cangas (Foz)
  13. Helena Varela Castro · 1351
    Hai 7 anos · Enfermeira · Carball
  14. Xurxo Filgueira Vázquez · 1350
    Hai 7 anos · Médico · Pontevedra
  15. Duarte Basoa Anca · 1349
    Hai 7 anos

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra