Faite soci@ #EnGalegoSempreGañas #AsóciateAoGalego

Faite soci@

#EnGalegoSempreGañas
#AsóciateAoGalego

A Mesa pola Normalización Lingüística é a maior asociación cultural que traballa polo galego. O noso obxectivo é promover a lingua galega como ferramenta de cohesión social e lingua común.

Traballamos para normalizar o galego no mundo da empresa e nas administracións públicas; para fomentar a presenza do galego na cultura; para garantir o modelo de inmersión lingüística na educación.

    1. INFORMACIÓN PERSOAL

    Data de nacemento

    2. INFORMACIÓN DE PAGO

    * Información requirida



    INFÓRMATE SOBRE O TRATAMENTO DOS SEUS DATOS POLA A MESA

    Finalidade e lexitimación: Os seus datos serán tratados para os fins especificados no motivo de contacto e poder darlle resposta ás súas peticións ou consultas, con base legal no consentimento expreso.
    Cesións: non serán cedidos a terceiros salvo obrigación legal, podendo ter acceso aos mesmos, de forma incidental, os encargados de manter a web en funcionamento.Prazo: Os datos serán tratados durante o tempo necesario para o seu tratamento segundo as finalidades descritas, até a cancelación por parte do titular dos datos ou a perda de relevancia do seu uso.
    Dereitos: Informámoslle que pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ao tratamento dos seus datos a través deste formulario de contacto ou dirixíndose á seguinte dirección de correo electrónico:amesa@amesa.gal.
    Para máis información consulte a nosa política de privacidade.

    Se tes algunha dúbida podes poñerte en contacto connosco a través do correo-e admon2@amesa.gal ou chamando ao teléfono 981 563 885.

    Traballamos para fomentar o galego no ensino, na empresa ou nas administracións públicas; para sensiblizar a poboación sobre a situación do galego; para denunciar as agresións e discriminacións ao galego; para garantir o uso individual e colectivo do galego…   Grazas ás socias e socios, contamos con recursos materiais e  humanos nos que destaca o traballo voluntario de moita xente. Coa vosa axuda contamos coa Liña do galego, un servizo de atención e tramitacións de queixas, consultas e parabéns, cuxa memoria anual vimos de publicar.

    Mantemos o proxecto Abertos ao Galego, dirixido a empresas e comercios que manteñen o galego como lingua normal de relación coas súas clientas e usuarios, e cuxo catálogo podes consultar aquí.

    Publicamos informes e estudos sobre diferentes aspectos que afectan á nosa lingua. Recentemente publicamos o Informe sobre o cumprimento do PXNLG ou o Relatorio sobre a Carta Europea, xunto co Estudo sobre o galego na educación infantil. Todos eles foron utilizados para alertar sobre a situación do galego mesmo diante de organismos internacionais como o Consello de Europa, a UNESCO ou o Consello de Dereitos Humanos da ONU.

    Promovemos campañas para a galeguización de servizos básicos como todos os relacionados coa atención ao público por parte de administracións e empresas onde non só non utilizan a nosa lingua senón que non atenden quen a utiliza.

    Elaboramos Somos Galego un xornal bimestral en parcería con Sermos Galiza, onde se poden seguir as principais novas relacionadas coa lingua.

    Impulsamos acordos entre a maior parte das forzas políticas galegas, como a Declaración de Unidade a prol da Normalización da lingua galega coa pretensión de que sexa un punto común para pór en práctica acción reais de recuperación e reposición do noso idioma.

    Mais na Mesa non estamos satisfeitas nin satisfeitos. Non é suficiente. Aínda sabendo das dificultades que ten realizar unha tarefa que en grande parte debería asumir a administración galega, sabemos que é preciso moito máis esforzo pola nosa parte.

    Precisamos máis apoio para mellorarmos e ampliarmos todo este traballo que cómpre facer máis participativo. Por iso te animamos a que difundas as nosas accións e actividades, a que nos fagas chegar as túas suxestións e opinións, e a que animes as túas amizades a facérense socias e socios.

    Para todo isto, necesitamos a túa colaboración, faite soci@!

    Carriño da compra