Solicítalle a BEGASA (Barras Eléctricas) que che envíe a documentación, facturas e publicidade en galego e que esta sexa a súa lingua de atendemento inicial nas súas oficinas en Galiza
Se es cliente de Barras Eléctricas, chama ao teléfono 902 513 513 e pide que che envíen as facturas en galego.
A Zona de Lugo da Mesa pola Normalización Lingüística conseguiu un compromiso da empresa Barras Eléctricas para que todo cliente que así o manifeste poida ter a facturación na lingua de Galiza sen ningún tipo de problema. Só con chamar ao teléfono de atención.
Ademais, Barras Eléctricas comprometeuse a informar a toda a súa clientela da existencia desta opción.
A Mesa considera isto un primeiro e importante paso. Unha demostración de que co traballo activo e o debate se conseguen adiantos.
A organización continuará a traballar para que Barras Eléctricas realice a información á clientela por defecto na lingua do país, tal e como o seu día conseguiu con Telefónica ou Caixa Galicia.
Para que ese novo paso se produza tamén é importante que Barras Eléctricas reciba a demanda de centos de clientes e clientas.