O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. Xoan Lamas · 1224
    Hai 7 anos · Técnico qualidade e seguridade · Cerzeda
  2. Ana Rosa Burés Miguéns · 1223
    Hai 7 anos · Funcionaria · A Coruña
  3. Ruben Rocha Fernández · 1222
    Hai 7 anos · Fotoxornalista · Vigo
  4. María Belén López Fraga · 1221
    Hai 7 anos · Comercial · A Coruña
  5. Benigno Antonio Lima Suárez · 1220
    Hai 7 anos · Comercial - Telefónica · Cangas do morrazo
  6. Jesús Cancelas Costa · 1219
    Hai 7 anos · Moaña
  7. Begoña · 1218
    Hai 7 anos · Vigo
  8. natividade borrajo pazos · 1217
    Hai 7 anos · Docente · Seixalbo, Ourense
  9. Xosé Rodriguez Vázquez · 1216
    Hai 7 anos · Telefónica · Ourense
  10. Anselmo Rodríguez Iglesias · 1215
    Hai 7 anos · Xubilado · vigo
  11. María Chaves Álvarez · 1214
    Hai 7 anos · Funcionaria interina, XuntaGalicia · Vigo
  12. Eulalia López-Felpeto · 1213
    Hai 7 anos · Deseñadora · Santiago
  13. Xosé Manuel Portela Fernández · 1212
    Hai 7 anos · Funcionario · A Coruña
  14. Xosé Manuel Méndez Gayo · 1211
    Hai 7 anos · Ensinante · Ramirás
  15. Pablo Xosé Fernández Ans · 1210
    Hai 7 anos · Aparellador · A Coruña

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra