O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. miguel roig varela · 1239
    Hai 7 anos · topografo · lugo
  2. Cristina González Fernández · 1238
    Hai 7 anos · Estudante · Cangas do Morrazo
  3. Ana Randolfe Grande · 1237
    Hai 7 anos · estudante · Carballedo
  4. Dores Vidal Peón · 1236
    Hai 7 anos · Administrativa · Ribeira
  5. Cintia Pedrosa París · 1235
    Hai 7 anos · Estudante · Santiago de Compostela
  6. Juan jose padín hermida · 1234
    Hai 7 anos · Mestre Pedagoxía terapeutica · Ferrol
  7. XOSE LOIS CURRAS PELETEIRO · 1233
    Hai 7 anos · PARADO · SANTIAGO DE COMPOSTELA
  8. M. Remedios Forneiro Cruz · 1232
    Hai 7 anos · mestra · O Carballiño
  9. Eladino Cabanelas Fernández · 1231
    Hai 7 anos · Deseñador gráfico · O Carballiño
  10. Brais Fortes Novoa · 1230
    Hai 7 anos · Estudante · Ourense
  11. Borja Serantes Chouza · 1229
    Hai 7 anos · Estudiante · Ribeira
  12. María Belén Senín Santiago · 1228
    Hai 7 anos · Estudante
  13. Ana Isabel Crespo Pardo · 1227
    Hai 7 anos · Auxiliar Administrativa · Compostela
  14. Diego Boquete Sánchez · 1226
    Hai 7 anos · Mestre · Oroso
  15. Xosé Fco. Martínez Reboiras · 1225
    Hai 7 anos · Ensinanza · Santiago de Compostela

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra