O galego: garantía de emprego en Galiza. Campaña de solidariedade coas traballadoras e traballadores de Extel

As grandes empresas de luz, auga, telefonía, banca, seguros e incluso a administración pública teñen subcontratados os servizos de atención ao público a través de empresas de centros de chamadas.

Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando encanto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara terceiros países.

No noso caso, esta deslocalización agravouse pola exclusión do galego nas relacións comerciais: pecharon centros de traballo na Galiza e o emprego foi levado a outras partes do Estado. Só entre o ano 2010 e 2012 destruíronse no sector da teleatención en Galiza máis de 2.040 postos de traballo e 100.000 galegos e galegas foron obrigados a emigrar pola perda de emprego na nosa terra.

Destrúese emprego e o noso idioma perde un espazo común de grande importancia, o da relación entre nós e as empresas, e ao tempo anúlasenos o dereito de sermos atendidos e entendidos na nosa lingua, que estas empresas desprezan.

Nos últimos días coñecemos outra proposta de despedimento de 205 traballadoras e traballadores na empresa Extel na Coruña, que presta servizos para Movistar. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.

Por todo isto, queremos:

1- manifestar o seu apoio ás reivindicacións das traballadoras e traballadores de Extel.

2- Reclamar a Movistar que garanta en todos os casos os postos de traballo na Coruña e por tanto  a atención en galego.

3- Transmitirlle a Movistar que no caso de non atender esta demanda, utilizaremos os servizos de calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.

182 apoios para esta campaña.

  1. Erika Calvo Rivera · 2006
    Hai 7 anos · Estudante · A Coruña
  2. ALDARA QUIROGA ÁLVAREZ · 1890
    Hai 7 anos · Estudante · Lalín
  3. Lucía Suárez Fraga · 1867
    Hai 7 anos · Santiago de Compostela
  4. Concha García Vázquez · 1288
    Hai 7 anos · A Coruña · A Coruña
  5. Carlos Álvarez Álvarez · 1275
    Hai 7 anos · Deseñador · Vigo
  6. Alberto M · 1270
    Hai 7 anos · comercial · Xinzo de Limia
  7. Manuel Muñiz Besteiro · 1261
    Hai 7 anos · Ensinante · Lugo
  8. Rosa Marìa Nòvoa Vàzquez · 1257
    Hai 7 anos · Mestra · Ourense
  9. Ana María Álvarez Chamosa · 1246
    Hai 7 anos · Profesora · Forcarei
  10. Sergio Castro Souto · 1245
    Hai 7 anos · Empregado automoción · Gondomar
  11. Luis lobato García · 1244
    Hai 7 anos · Traballador Automóbil · Vigo
  12. Mercedes Fernández Torres · 1243
    Hai 7 anos · Profesora de Informática · A Coruña
  13. Luis Antonio Caldeiro Lopez · 1242
    Hai 7 anos · Funcionario · Barcelona
  14. Abel Vale López · 1241
    Hai 7 anos · Mestre · Viveiro
  15. DIEGO CASTRO BALBOA · 1240
    Hai 7 anos · ENXEÑEIRO TÉCNICO INDUSTRIAL · MEAÑO

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra