Os nosos lugares, na nosa lingua

9.616 persoas apoiaron xa esta campaña!
Faltan tan só 384 apoios a chegarmos aos 10.000! Axúdanos!

Os nosos lugares, na nosa lingua

De novo veñen de fóra dicirnos como temos que falar e nomear as nosas cidades, vilas, parroquias e lugares e que non é válida a forma lexítima e auténtica que o pobo galego deu a todos os espazos do seu territorio, como parte indisociábel da súa historia, da súa cultura e da súa lingua propia. A pesar das sucesivas vagas de eliminación e deturpación dos nosos nomes de lugar, seguen a existir, a designar todos os espazos do noso país e a mostrar o escaso éxito social das anacrónicas tentativas de os suprimir.

Atacar e  ocultar a nosa toponimia é facelo tamén coa nosa dignidade colectiva e a capacidade de dicirlle ao mundo quen somos e onde estamos.

Estes ataques fanse a pesar de que a Lei de Normalización Lingüística fai 40 anos e a acción colectiva a favor da lingua conseguiu que o seu artigo 10 estabelecese que “a única forma oficial dos topónimos é a galega”. Porén, a claridade deste artigo foi capaz de mudar a actitude de todos os poderes contrarios á normalización do noso idioma. Non son só campañas puntuais as que pretenden eliminar a nosa toponimia, é tamén o silencio dos poderes públicos perante o uso reiterado e sistemático das formas deturpadas na sinaléctica, medios de comunicación ou mesmo mapas dixitais como os de Google.

As institucións públicas débense corresponsabilizar da súa lexislación e das súas obrigas, por isto reclamamos da Xunta de Galiza, do Goberno español e dos concellos afectados que tomen todas as accións necesarias para:

  • Garantir o cumprimento da legalidade na toponimia
  • Instar ás compañías de xeolocalización a que empreguen as formas correctas e oficiais dos nomes de lugar.
  • Manifestarse contra as campañas de odio á lingua galega e á denominación do seu territorio.

9616 apoios para esta campaña.

  1. Víctor Dios Álamo · 49752
    Hai 2 anos
  2. Sinatura cod49751
    Hai 2 anos
  3. Sinatura cod49734
    Hai 2 anos
  4. Jose Rodriguez Rodriguez · 49733
    Hai 2 anos
  5. Breo Xuncal · 49731
    Hai 2 anos
  6. Marcos Rodriguez Rmaos · 49729
    Hai 2 anos
  7. Sinatura cod49726
    Hai 2 anos
  8. Sinatura cod49714
    Hai 2 anos
  9. Sinatura cod49708
    Hai 2 anos
  10. Sinatura cod49705
    Hai 2 anos
  11. Sinatura cod49657
    Hai 2 anos
  12. Sinatura cod49652
    Hai 2 anos
  13. Andrea Rey Viqueira · 49651
    Hai 2 anos
  14. Sinatura cod49650
    Hai 2 anos
  15. Sinatura cod49649
    Hai 2 anos

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra