Ourense polo seu nome
Respecto á legalidade na toponimia
517 persoas apoiaron xa esta campaña!
Faltan tan só 483 apoios a chegarmos aos 1.000! Axúdanos!

Ourense polo seu nome

A sociedade galega é moi consciente de que a toponimia é a pegada lingüística dun pobo sobre o territorio no que historicamente se desenvolveu e de que deturpar, modificar, eliminar estes topónimos é tamén deturpar, modificar e eliminar a lingua e a cultura do pobo que lles deu nome. 

Foi a reivindicación da sociedade galega dos nomes de lugar na súa forma lexítima e orixinaria en galego a que motivou a súa plasmación legal no artigo 10 da lei 3/1983 de Normalización Lingüística que indica que “os toponimos de Galiza terá como única forma oficial a galega” e que se contempla tamén en acordos internacionais como a Carta europea das linguas rexionais e minorizadas ou o Convenio marco para a protección das minorías nacionais, promovidos polo Consello de Europa

Non entanto, 40 anos despois, amparados en escusas de diverso tipo, aínda se manteñen vulneracións da lexislación por parte dos poderes públicos, a pesar de teren a obriga de garantir o cumprimento da lei, que incitan a novas vagas deturpadoras como as que neste momento manteñen algúns servizos de xeolocalización como Google.

Esta actitude dos poderes públicos ampara tamén presupostos ideolóxicos que desde o supremacismo lingüístico e cultural pretenden, desde fóra, sementar a división e o enfrontamento no noso país atacando calquera expresión de identificación da sociedade galega consigo mesma, coa súa lingua e coa súa forma de denominar todos os espazos do seu territorio. Empregan o desprezo, a mentira e a manipulación para dicirnos como temos que ser e como temos que nos chamar.

Por isto, unha vez máis, manifestamos o noso apoio ao uso e difusión das formas galegas como únicas lexítimas, oficiais e legais para nomear os nosos lugares e apoiamos a concentración que co lema Ourense polo seu nome terá lugar coincidindo co chamado para declaración xudicial como investigadas a unhas persoas por causa de supostas actuacións nun balado que promovía a deturpación do nome de Ourense.

517 apoios para esta campaña.

  1. Sinatura cod60636
    Hai 1 hora
  2. Blanca Nieves Dieguez · 60635
    Hai 7 horas
  3. Sinatura cod60615
    Hai 2 semanas
  4. Sinatura cod60592
    Hai 4 semanas
  5. Sinatura cod60580
    Hai 1 mes
  6. Sinatura cod60576
    Hai 1 mes
  7. Isabel M. Allegue Vales · 60574
    Hai 1 mes

Deixa o teu apoio a esta campaña

O teu enderezo electrónico e documento de identidade non se publicará nunca e o asinar a campaña aceptas a nosa política de privacidade. Os campos obrigatorios están marcados con *

Carriño da compra