Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Helena Araujo · 7805
    Hai 3 anos · Estudante · Ourense
  2. Demetrio Alonso Conde · 7804
    Hai 3 anos · Técnico · Vigo
  3. Sofía Pérez Miragaya · 7803
    Hai 3 anos · Santiago de Compostela
  4. Jorge Aguado García · 7802
    Hai 3 anos · A Coruña
  5. José Enrique Suárez Suárez · 7801
    Hai 3 anos · Autónomo transporte · Carballo
  6. Nuria Tojo Rodríguez · 7800
    Hai 3 anos · Estudante · Sigüeiro
  7. Sara Piñeiro Tenorio · 7799
    Hai 3 anos · Estudante · Cangas do Morrazo
  8. Óscar del Pozo Galiñanes · 7798
    Hai 3 anos · Informática · Cambre
  9. Fernando Castro García · 7797
    Hai 3 anos · Músico · A Coruña
  10. Anxo Suárez Lado · 7796
    Hai 3 anos
  11. Eduardo PenabadRamos · 7795
    Hai 3 anos · Meteorólogo · Sonning Common, Reino Unido
  12. Maria belen Espiñeira Dominguez · 7794
    Hai 3 anos · A coruña
  13. Máximo Santás de Arcos · 7793
    Hai 3 anos · Artista 3D · Ourense
  14. Marcos Maceira Eirsd · 7792
    Hai 3 anos · Profesor · Compostela
  15. Víctor Tilve Rúa · 7791
    Hai 3 anos · Moitas. Divulgador científico, operador de telescopios e precursors de @tvg_infantil_xa · Vigo

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra