Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Luis Piñon · 7955
    Hai 3 anos · Pontevedra
  2. Esther López Rodríguez · 7954
    Hai 3 anos · Administrativa · Lugo
  3. Almudena Taboada Castro · 7953
    Hai 3 anos · Empregada · Teo
  4. Laura García Castro · 7952
    Hai 3 anos · Rairiz de Veiga
  5. Raquel Martiz Casal · 7951
    Hai 3 anos · Xornalista · Teo
  6. Belén Failde Delgado · 7950
    Hai 3 anos · Lugo
  7. Rubén Mosquera Carreira · 7949
    Hai 3 anos · A Coruña
  8. Anselmo Rodríguez Iglesias · 7948
    Hai 3 anos · Xubilado · Vigo
  9. Beatriz Galiano Leis · 7947
    Hai 3 anos · Docente · Muros
  10. Marga Otero González · 7946
    Hai 3 anos · AUX.ADMIN · Santiago de Compostela
  11. Lucía Barreiro · 7945
    Hai 3 anos · Profesora · O Pino
  12. Manuel da Califórnia Vasques · 7944
    Hai 3 anos · Agrarista · Santiago de Compostela
  13. Judit Santos Almeida · 7943
    Hai 3 anos · Psicologa · Vigo
  14. Ana Sánchez · 7942
    Hai 3 anos · comercial · Paris
  15. Diana García Lixó · 7941
    Hai 3 anos · Auxiliar de axuda no fogar · Ribeira

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra