Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. María Mediero Mayán · 8000
    Hai 3 anos · Tradutora · Vigo
  2. Maria Trinidad Lorenzo Lòpez · 7999
    Hai 3 anos · Delineante · Allariz
  3. Carme López · 7998
    Hai 3 anos · Mestra · Lugo
  4. Anxo Soto · 7997
    Hai 3 anos · Profesor FP cociña, e lingüista. · Marín
  5. Iria Carreira Pazos · 7996
    Hai 3 anos · Médica · Compostela
  6. Pablo Rodríguez Alonso · 7995
    Hai 3 anos · Estudante · Ourense
  7. Sara García Pérez · 7994
    Hai 3 anos · Educación · Oleiros
  8. Christian Andrés Beade · 7993
    Hai 3 anos · Técnico de son · A Coruña
  9. María Andrea Ugarte Valencia · 7992
    Hai 3 anos · Estudante universitaria · Ourense
  10. Lois Manoel Toirán Vázquez · 7991
    Hai 3 anos · mestre · lugo
  11. Samuel García Gómez · 7990
    Hai 3 anos
  12. Iria Amor López · 7989
    Hai 3 anos · A Coruña
  13. Juan García Espiña · 7988
    Hai 3 anos · Estudante · Pontevedra
  14. María Iglesias Rodríguez · 7987
    Hai 3 anos · Profesora · Redondela
  15. Sabina Rodríguez Hermida · 7986
    Hai 3 anos · Química · A Coruña

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra