Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. María José Giráldez Río · 8030
    Hai 2 anos · Educadora infantil · Redondela
  2. Eduardo Fernández Vázquez · 8029
    Hai 2 anos · Empresario · Santiago de Compostela
  3. Yoly · 8028
    Hai 2 anos · Dependienta · Burela
  4. Ana Pintos Pérez · 8027
    Hai 2 anos · Empregada de Correos · A Estrada
  5. Xose Carlos Crespo Santiago · 8026
    Hai 2 anos · Pensionista · Vigo
  6. Miriam Gorgoso Pena · 8025
    Hai 2 anos · Enfermeira · Lugo
  7. Daniel Hermida Merino · 8024
    Hai 2 anos · Saint julian en genevois
  8. Maribel Tato Sánchez · 8023
    Hai 2 anos · Libreira · Vigo
  9. Julia castelao llaneza · 8022
    Hai 2 anos · Lugo · Lugo
  10. Catuxa Rivas Fernández · 8021
    Hai 2 anos · A · Allariz
  11. Rosa María Rodríguez Porto · 8020
    Hai 2 anos · Santiago
  12. Ana Varela Castro · 8019
    Hai 2 anos · Mediadora comunicativa · Ponteceso
  13. Rosana Fernández Cordovés · 8018
    Hai 2 anos · Vigo
  14. Xosefina Ferrás Sexto · 8017
    Hai 2 anos · Autónoma · Compostela
  15. Sergio Núñez Martínez · 8016
    Hai 2 anos · Mestre · Santiso

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra