Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Gloria Mascuñana · 8075
    Hai 3 anos · Xornalista · Santiago de Compostela
  2. Guillerme Ignacio Costa · 8074
    Hai 3 anos · Mestre · Cela-Bueu
  3. Marta Gonalez Alonso · 8073
    Hai 3 anos · Vigo
  4. Isabel Naveira Ferreiro · 8072
    Hai 3 anos · Actriz · A Coruña
  5. Daniel Núñez Otero · 8071
    Hai 3 anos · A Coruña
  6. Diego Xesús López González · 8070
    Hai 3 anos · Profesor · Sober
  7. Manuel Reyes · 8069
    Hai 3 anos · A Estrada
  8. Rita Perez Vazquez · 8068
    Hai 3 anos · Forestal · Pontereas
  9. Jose Ferreira Maañon · 8067
    Hai 3 anos · Enxeñaría · BARREIROS
  10. Cayetano Caldelas Sanmarco · 8066
    Hai 3 anos
  11. Thaís Rivera López · 8065
    Hai 3 anos · Viveiro
  12. Miguel Angel Sanjiao Otero · 8064
    Hai 3 anos · Sanidade · Santiago de Compostela
  13. María Fernández Montes · 8063
    Hai 3 anos · Docente · Ourense
  14. PAULA viñas Abal · 8062
    Hai 3 anos · Vilanova de Arousa
  15. Nacho Alonso Martín · 8061
    Hai 3 anos · Bibliotecario · Ames

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra