Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. Maria Nuñez Otero · 8090
    Hai 3 anos · Odontóloga · Lugo
  2. Antón Ledo Pan · 8089
    Hai 3 anos · Xestión · Taboada
  3. Eduardo Núñez Armas · 8088
    Hai 3 anos · Estudante · A Coruña
  4. M Carmen Alvrez Garcia · 8087
    Hai 3 anos · Arqueologa · Santiago
  5. Alexandra Cabana Outeiro · 8086
    Hai 3 anos · Profesora · Romeán (Lugo)
  6. Paula Martiñá Torreiro · 8085
    Hai 3 anos · MESTRA · VIGO
  7. Ana LUNA ALONSO · 8084
    Hai 3 anos · profesora · Vigo
  8. Esteban Pereira guerra · 8083
    Hai 3 anos · Enxeñeiro agronomo · Ares
  9. Xosé Diz Romay · 8082
    Hai 3 anos · Funcionario · Ourense
  10. Gonzalo Constenla Bergueiro · 8081
    Hai 3 anos · Pontevedra · A Estrada
  11. Natalia Escudero Graña · 8080
    Hai 3 anos · Operador de rede · Vigo
  12. Xosé Carlos Álvarez Flórez · 8079
    Hai 3 anos · A Coruña
  13. Carlos Lixó Gómez · 8078
    Hai 3 anos · Profesor · Ribeira
  14. Manuel Pacior Pérez · 8077
    Hai 3 anos · Profesor de FP e secundaria · Santiago de Compostela
  15. Iolanda · 8076
    Hai 3 anos · Aux admtva · Ourense

Os Apoios de campaña están pechados.

Recibe todas as noticias da Mesa no teu correo electrónico

Subscrición á ReMesa

Carriño da compra