Asina: por unha canle Xabarín Club de programación infantil e xuvenil na TVG

A galega é a única lingua oficial no Estado español que non conta cunha canle de emisión continuada de programación infantil e xuvenil. O resultado disto é só o 4,6% da progamación semanal está en galego, caendo ao 2,7% na fin de semana.

A través de canles como Clan, Super3 ou ETB3 todas as crianzas, rapaces e raparigas do Estado español poden desfrutar dos mellores contidos televisivos na súa lingua agás as galegas.

Resulta alarmante o retroceso da presenza da lingua galega na programación televisiva: só a CRTVG garante a súa presenza na grella televisiva, mais faino de forma cativa e mínima, malia o estabelecido na lexislación autonómica sobre o audiovisual e malia as enormes posibilidades técnicas actuais que poderían aumentar significativamente as emisións en galego.

En canto á conveniencia de actualizarse ofertando produtos en plataformas dixitais ou App con contidos infantís, desprézanse os traballos de dobraxe xa elaborados e financiados con diñeiro público pola entidade televisiva. É lamentábel que non se poidan visualizar en galego debuxos animados que tiveron grande impacto e éxito en Galiza, aos que non se lle dá continuidade en galego no mercado cos seus produtos derivados ou na propria TVG.

Sr. Sánchez Izquierdo, Director Xeral da Corporación de Radio Televisión de Galiza.

Sr. Román Rodríguez Rodríguez , Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

Reclamamos unha canle Xabarín Club na TVG que emita continuadamente en galego e coa súa App, todos os días do ano, contidos actuais, anteriores de éxito, atractivos e de interese para a infancia e a mocidade galega.

Xabarín Club 24h!

NOTA: O FORMULARIO DE SINATURAS PECHOU O 19 DE OUTUBRO. DESDE ESTA DATA PRECISAMOS A SINATURA FÍSICA DE TODAS AS PERSOAS QUE ASINARON OU DESEXAN FACELO. PODERASE ASINAR NOS ESTABELECEMENTOS E ASOCIACIÓNS QUE COLABORAN OU CONTACTANDO EN xabarintv@amesa.gal ou tlf 981563885 

14643 apoios para esta campaña.

  1. EDUARDO XESÚS SÁNCHEZ MARAGOTO · 8105
    Hai 2 anos · Professor · Santiago de Compostela
  2. Azucena Iglesias Mera · 8104
    Hai 2 anos · Melide
  3. Martiño Pastoriza Rodríguez · 8103
    Hai 2 anos · Estudante · Pontedeume
  4. Gabriel Calvo Pichel · 8102
    Hai 2 anos · Venda · Lugo
  5. Carlos Vieito · 8101
    Hai 2 anos · Prensa · Santa Comba
  6. Anton García · 8100
    Hai 2 anos · Mestre · Santiago
  7. Xoán Carlos Garrido Couceiro · 8099
    Hai 2 anos · Profesor de Secundaria · A Estrada
  8. Javier Gayoso Ponte · 8098
    Hai 2 anos · Mestre · Bergondo
  9. Noelia Ardións Neo · 8097
    Hai 2 anos · A Coruña
  10. Christian Villaverde da Cruz · 8096
    Hai 2 anos · Estudante · Tomiño
  11. Álvaro Núñez Armas · 8095
    Hai 2 anos · Estudante · A Coruña
  12. Carmen Rodríguez Cuha · 8094
    Hai 2 anos · Xubilada · Redondela
  13. Maria dos Milagres Budiño Gasamáns · 8093
    Hai 2 anos · Santiago de Compostela
  14. Fina Silva Núñez · 8092
    Hai 2 anos · Profesor · Arzúa
  15. Mariña Palacio Fernández · 8091
    Hai 2 anos · Estudante · Santiago De Compostela

Os Apoios de campaña están pechados.

Carriño da compra